Cs, "aberto a escoitar" na Deputación ourensá pero "con políticas, non con políticos"

"O que si está claro é que a nosa ideoloxía é moi concreta e non ten nada que ver coa doutros partidos", apunta.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/05/2019 | Actualizada ás 13:21

Comparte esta noticia

O secretario de Organización de Ciudadanos Galicia, Laureano Bermejo, expresou que están "abertos a escoitar" ao resto de partidos na Deputación de Ourense, onde a formación laranxa obtivo, segundo datos provisionais, un escano, xusto o que lle falta ao presidente do PP provincial, Manuel Baltar, para revalidar a súa Presidencia.

Nunha rolda de prensa celebrada este luns de resaca postelectoral, Bermejo advertiu que aínda que é "demasiado prematuro" falar dun posible acordo na institución provincial e que van esperar " un pouquiño máis", Cidadáns vai pactar " con políticas, non con políticos".

A formación que preside Albert Rivera admite que son "determinantes" para "inclinar a balanza" cara ao PP, co que obterían a maioría absoluta de 12 escanos, ou cara ao lado contrario, co PSOE con 9, Democracia Ourensá (DO) con 2 e o BNG con 1.

Para tomar esta decisión, Bermejo adiantou que o comité autonómico de Cs reunirase proximamente co comité de campaña en Ourense para "valorar en que posición se teñen que colocar". "O que si está claro é que a nosa ideoloxía é moi concreta e non ten nada que ver coa doutros partidos", puntualizou.

Preguntado polos medios sobre se terán algunha petición especial ou algún veto para chegar a acordos cos populares, respondeu que "non teñen liñas vermellas como outros partidos" porque "escapan desas políticas".

RESULTADOS EN GALICIA

En canto aos resultados en toda Galicia nestas eleccións municipais, Bermejo celebrou que Cs "non só consegue asentarse, senón que segue crecendo" pasando "de oitava a quinta forza" nos municipios galego entre os comicios de 2015 e 2019.

Deste xeito, resaltou que mentres "outros partidos políticos están a baixar" e alcaldes como os da Coruña, Santiago e Ferrol "están a saír", hai outras forzas que "están a entrar aos poucos" nas institucións. "Vimos para quedarnos, esta é a nosa intención", subliñou Bermejo, quen, coa vista posta nas eleccións autonómicas de 2020, os seus obxectivos serán os de "estar na metade" dos concellos galegos para cubrir "o 80 por cento" da poboación da Comunidade.

26M-M.-Cidadáns, 'Aberto A Escoitar' Na Deputación Ourensá, Avisa Que Pactarán 'Con Políticas, Non Con Políticos'. CIDADÁNS
26M-M.-Cidadáns, 'Aberto A Escoitar' Na Deputación Ourensá, Avisa Que Pactarán 'Con Políticas, Non Con Políticos'. CIDADÁNS | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta