Ourense, centro da política galega

A posibilidade de diversos e diferentes pactos na cidade e na deputación avivan as tensións entre os distintos partidos. Cs e Democracia Ourensana non pechan as portas a un acordo con Baltar, mentres que na cidade Jesús Vázquez alerta sobre un posible pacto entre o PSdeG e DO.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/05/2019 | Actualizada ás 14:42

Comparte esta noticia

Tanto a cidade como a provincia de Ourense acaparan a atención política neste luns post electoral. E todo polos pactos que se poden xerar tanto na cidade como no conxunto da provincia. Os populares aspiran a manter a deputación co apoio de Cs ou de Democracia Ourensana (DO), mentres que o PSdeG depende tamén dun pacto con DO para ter unha maioría estable na cidade.

Gonzalo Pérez Jácome. EP
Gonzalo Pérez Jácome. EP | Fonte: DEMOCRACIA OURENSÁ - Arquivo

Por iso, o líder dos socialistas galegos, Gonzalo Caballero, avisou de que cada forza política "se retratará" mesmo "a nivel estatal" coas súas posicións para a composición do futuro goberno da Deputación de Ourense e pediu acabar con décadas de "caciquismo" da familia Baltar.

Nunha rolda de prensa ofrecida este luns en Santiago e preguntado pola posibilidade de que o PP poida perder a súa histórica maioría na institución provincial, Gonzalo Caballero considerou que os partidos deben "estar á altura" da situación. "Cada forza política terá que estar á altura da situación que estamos a vivir para entender que a alternancia na provincia é positiva para Ourense e para Galicia, e que o Partido Socialista vai estar á altura das circunstancias de poder posibilitar todos os cambios progresistas que sexan posibles", indicou.

Neste sentido, e cuestionado polo papel que poderá desempeñar Ciudadanos --forza á que os datos provisionais danlle un deputado provincial nun contesto no que o PP perde a absoluta por unha representante--, incidiu en que "cada un se vai a retratar a nivel estatal".

E é que, segundo apuntou, na provincia de Ourense, o caciquismo "foi unha secuela histórica ao longo da historia". "E o mellor que pode pasar na provincia é que haxa un cambio que finalice co baltarismo", indicou.

O PSOE NON DESCARTA GOBERNAR EN SOLITARIO

Os socialistas non descartan gobernar en solitario en Ourense, aínda que o candidato, Rafael Rodríguez Villarino, anunciou que "iniciará unha rolda de contactos cos demais grupos alleos ao Partido Popular" posto que considera que "o goberno do Concello pasa por un grande acordo con todas as forzas políticas excepto co PP".

O candidato socialista á Alcaldía de Ourense aclarou que "non están a pactar con calquera". "Do que se trata é de rescatar a esta cidade e a esta provincia e a única maneira de conseguilo é que o Partido Popular non goberne nin en sitio nin noutro", precisou.

Jesús Vázquez e José Manuel Baltar
Jesús Vázquez e José Manuel Baltar | Fonte: Youtube

Con todo, non quixo anticiparse a responder se o goberno resultante dos posibles acordos terá como condición ser monocolor socialista. E descartou ceder a Alcaldía a ningún outro grupo, algo que, ao seu xuízo, "non entra dentro da lóxica política tendo unha maioría, como é o caso".

Preguntado por un hipotético escenario de acordo entre Democracia Ourensá e o PP que outorgaría a maioría absoluta, fixo "unha chamada á responsabilidade". E non entende "responsable" que pacten DO e PP.

Villarino precisou que van levar cabo "un cambio conxunto da provincia que inclúe, loxicamente á cidade". "Imos cambiar a familia Baltar, que leva gobernando desde hai 31 anos á Deputación e a un alcalde refén das políticas de Feijóo que só serve como contrapoder do presidente do ente provincial", manifestou.

JESÚS VÁZQUEZ

Pola súa banda, o candidato do PP de Ourense, Jesús Vázquez, asegurou este luns que toma nota dos resultados obtidos polo PP na cidade, única onde gobernaba até agora o partido en Galicia, onde pasou a ser segunda forza, e avanzou a súa intención de seguir traballando para buscar a mellor solución e "garantir a gobernabilidade" da cidade. 

"Tomamos nota e sabemos que temos que seguir traballando máis e tamén mellor", apuntou o candidato popular, quen mostrou a súa disposición a falar "con calquera persoa que defenda a moderación e os intereses de Ourense" e de "traballar xuntos" co PSOE, como partido máis votado, para sacar adiante proxectos importantes para a cidade.

Neste sentido, un día despois das eleccións, o candidato ourensán recoñeceu que xa falou co candidato socialista, Rafael Rodríguez Villarino (PSOE), para ofrecerlle "traballar xuntos para que non volva haber catro anos de bloqueo e traballar pola cidadanía antepondo os intereses a cidadanía".  Afirma que sería "terrible" unha hipotética repartición de cadeiras entre PSOE e Democracia Ourensá (terceira formación, empatada co PP con 7 concelleiros) e defendeu a necesidade de que a cidade de Ourense continúe desenvolvendo proxectos estratéxicos. 

JÁCOME TAMÉN DISPOSTO

Curiosamente, e a diferencia de Vázquez, o presidente de Democracia Ourensá (DO), Gonzalo Pérez Jácome, móstrase aberto a "todas as combinacións posibles" á hora de negociar para formar un goberno no Concello de Ourense. 

En declaracións a Europa Press, Jácome insistiu en que o seu partido "vai loitar pola gobernabilidade" da cidade das Burgas, para despois admitir que estudarán "todas as combinacións posibles" e que falarán "con calquera" outro partido. "Non imos desvelar nada máis", recalcou.

NA DEPUTACIÓN, APELA A ESPERAR 

En canto á Deputación ourensá, a maioría absoluta que ostentaba o presidente en funcións, Manuel Baltar, está no aire á espera de pechar o escrutinio. Neste sentido, Jácome apelou a "esperar a ver os resultados definitivos".

A pesar de insistir durante a campaña e a pasada lexislatura nas súas críticas cara ao líder popular á fronte do goberno provincial, o presidente de DO non desvelou a Europa Press se mantén o seu veto a Baltar porque, dixo, aínda "non" están a estudar esta negociación.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Manolo Vila

Ahora se verá si DO quería acabar con el insufrible "Baltarato" de verdad o por el contrario la posibilidad de pisar moqueta va a ser la tentación que hará a DO otro partido más del sistema que ha podrido toda nuestra provincia durante décadas posibilitando 4 años más de paro, emigración, caciquismo, envejecimiento, privatización, localismo, antigalleguismo, enchufismo, etc. Orense se merece y necesita el cambio de rumbo del concello y la diputación. Cualquier otra opción sería una traición imperdonable a los que les hemos dado toda nuestra confianza para el imprescindible cambio. Con Baltar/Jesús NO!

1 Remulo

Jesusito, eres un fracaso andante, vete para casa, y no vuelvas. Sin diez concejales no hiciste nada y no fuiste capaz de aprobar un presupuesto en 4 años, ahora con 7 concejales será peor.