Concentración en Arteixo do persoal de Facet Ibérica para reclamar a readmisión de 7 traballadores

Para a representación sindical, os despedimentos forman parte de "unha estratexia de externalización da produción e o desmantelamento do taller que está a levar a cabo a dirección da empresa, de propiedade norteamericana".

Por E.P. | A CORUÑA | 27/05/2019 | Actualizada ás 18:42

Comparte esta noticia

Persoal de Facet Ibérica secundou un paro de dúas horas na planta en Arteixo (A Coruña) para denunciar a externalización da actividade e reclamar a readmisión de sete traballadores despedidos a principios deste mes, segundo informa a CIG.

Coincidindo co tempo de folga parcial, os traballadores concentráronse ante as instalacións, no polígono de Sabón, entre as 10,00 e as 12,00 horas.

Para a representación sindical, os despedimentos foramn parte de "unha estratexia de externalización da produción e o desmantelamento do taller que está a levar a cabo a dirección da empresa, de propiedade norteamericana".

Para a CIG, non existen "causas obxectivas" para a rescisión destes empregos nun persoal integrado por unhas 70 persoas. Ademais, denuncia o desvío de actividade a "un taller paralelo" no municipio coruñés de Cerceda.

Traballadores de Facet Ibérica protestan polo despido dos seus compañeiros
Traballadores de Facet Ibérica protestan polo despido dos seus compañeiros | Fonte: Radio Coruña Cadena SER

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta