Mil euros de multa ao Concello de Mugardos por obrigar a unha funcionaria a traballar o 8 de marzo

A traballadora di que foi obrigada pola alcaldesa a ir ao seu posto durante o Día Internacional da Muller Traballadora, a pesar de estar convocada unha xornada de paro.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/05/2019 | Actualizada ás 10:44

Comparte esta noticia

O Xulgado do Social número 2 de Ferrol estimou de maneira parcial a demanda interposta por unha traballadora do Concello de Mugardos (A Coruña) contra a administración local e impúxolle o abono dunha indemnización por "danos e prexuízos por un importe de 1.000 euros", por vulnerar o seu dereito á folga.

A traballadora, segundo a denuncia, foi obrigada pola alcaldesa da localidade, Pilar Díaz (EU), a traballar o pasado 8 de marzo, Día Internacional da Muller Traballadora, xornada na que estaban convocados paros.

Segundo se recolle na sentenza, á que tivo acceso Europa Press, con aquela decisión vulnerouse "o dereito fundamental á folga establecido no artigo 28 da Constitución Española" e, por iso, condénase ao Concello ao abono da devandita indemnización.

No fallo xudicial apúntase que esta decisión pode ser recorrida polas partes ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) ata o vindeiro venres, día 31.

FALTA OUTRA

Esta é a primeira das dúas sentenzas que están previstas, xa que foron dúas as traballadoras as que denunciaron e que acudiron a xuízo, celebrado o pasado 14 de maio.

Minutos antes da celebración da vista, nos xulgados de Ferrol, realizouse unha concentración ás portas da sede xudicial convocada polos sindicatos CC.OO. e CIG, xa que as traballadoras están afiliadas a estas organizacións.

Celebrado un xuízo contra a alcaldesa de Mugardos (A Coruña) por suposta vulneración do dereito á folga
Celebrado un xuízo contra a alcaldesa de Mugardos (A Coruña) por suposta vulneración do dereito á folga

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta