Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/05/2019 | Actualizada ás 13:41
As vítimas de violencia de xénero en Galicia creceron un 4,1% en 2018, con respecto ao ano anterior, ata as 1.306, segundo os datos feitos públicos este martes polo Instituto Nacional de Estatística.
Así, Galicia sitúase como unha das comunidades españolas coa taxa máis baixa de vítimas de violencia de xénero por cada 1.000 mulleres de 14 e máis anos. O índice, empatado con Cataluña, é dunha, só por encima do 0,8 de País Vasco e por baixo da media de 1,5 a nivel nacional.
Pola súa banda, a violencia doméstica rexistrou en Galicia en 2018 un total de 357 vítimas, un 5% máis que hai un ano e das que 133 foron homes e 224 mulleres. Por sexo, as vítimas masculinas creceron un 16,7% e as femininas diminuíron un 0,9%.
En canto aos asuntos incoados en Galicia por violencia de xénero, 312 das vítimas foron agredidas polo seu cónxuxe, 247 pola súa ex parella de feito, 232 polo seu exmozo e 214 pola súa parella de feito. Así mesmo, o agresor de 204 era o seu noivo e de 72 o seu ex home, mentres que 25 estaban en fase de ruptura. 18 das vítimas eran menores de idade.
Os delitos imputados aos denunciados, un total de 1.572, foron sobre todo de lesións (805), tortura e contra a integridade moral (366), ameazas (198) ou de quebrantamento de condena (119).
As medidas cautelares máis impostas foron as de orde penal, especialmente as relacionadas coa prohibición de comunicarse ou aproximarse á vítima (que ascenderon a 2.216). Foron condenados por sentenza firme por asuntos relacionados coa violencia de xénero 1.213 persoas en Galicia, tres menores de edua
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.