Un ferido tras chocar un tractor contra unha árbore en Teo

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/05/2019 | Actualizada ás 14:32

Comparte esta noticia

O condutor dun tractor resultou ferido de consideración tras sufrir un accidente co seu vehículo agrícola na mañá deste martes no lugar de Lamas, no municipio coruñés de Teo.

Segundo informou o 112 Galicia, os feitos sucederon sobre as 11,00 horas deste martes. Un veciño púxose en contacto co servizo de emerxencias para pedir asistencia médica para un home que acababa de sufrir un accidente co seu tractor.

Por iso, o persoal do 112 avisou a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que enviou á zona un equipo a bordo do helicóptero medicalizado con base en Santiago. Fontes sanitarias confirmaron a Europa Press que o ferido foi evacuado ao Hospital Clínico.

Como apoio aos servizos sanitarios de urxencia, por parte do 112 Galicia pediuse a colaboración dos membros do equipo local de Protección Civil e informouse aos axentes da Policía Local e da Garda Civil.

Un tractor
Un tractor | Fonte: remitida

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta