Temas: ELECCIóNS SADA

O grupo político Sadamaioría anuncia que formará un "goberno estable" na localidade coruñesa

Tampouco entrou na corporación municipal o PDSP, partido fundado polo exalcalde de Sada, Ramón Rodríguez Ares, tras a súa marcha da formación popular.

Por E.P. | A CORUÑA | 28/05/2019 | Actualizada ás 14:08

Comparte esta noticia

Sadamaioría comprometeuse a conformar un "goberno estable" tras ser a forza máis votada neste municipio coruñés, fronte ao descenso en número de votos rexistrado polas 'mareas' noutras localidades nestas eleccións municipais, como o caso da Coruña.

Nun comunicado, e tras un resultado que lle obrigará a acordos pero que supón pasar de catro a seis concelleiros, Sadamaioría subliña o feito de ser a forza máis votada, con 2.545 votos, o que representa unha porcentaxe do 29,98% dos sufraxios.

Por iso, dá as grazas ao "conxunto da cidadanía, tanto ás persoas que votaron a Sadamaioría como ás que non". Ademais, considera que os votos obtidos supoñen "un respaldo ao traballo realizado neste últimos catro anos, así como ao proxecto de futuro" para este municipio.

Por outra banda, remarca que Sada necesita "unha ampla maioría progresista cun liderado reforzado", sinala polo feito de que "as forzas progresistas" logren máis apoios que a dereita, cuxo resultado cualifica de "derrota rotunda".

E é que o PP pasou de sete a cinco edís. Tampouco entrou na corporación municipal o PDSP, partido fundado polo exalcalde de Sada, Ramón Rodríguez Ares, tras a súa marcha da formación popular.

Agora, tras estes resultados, Sadamaioría comprométese a conformar "un goberno estable" para o próximos catro anos, "que permita ter a maioría suficiente para afrontar os retos, proxectos e ilusións que demandan os veciños".

O Pazo de Meirás en Sada, un dos temas cos que pode enfrontarse a nova corporación local
O Pazo de Meirás en Sada, un dos temas cos que pode enfrontarse a nova corporación local | Fonte: EP

Temas: ELECCIóNS SADA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta