SOS Sanidade Pública avisa de mobilizacións se o Consello Técnico da Xunta é só "consultivo"

Pídelle ao Sergas que "incorpore a todos os colectivos de Atención Primaria" a este consello.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/05/2019 | Actualizada ás 11:03

Comparte esta noticia

A plataforma SOS Sanidade Pública pide ao Servizo Galego de Saúde (Sergas) que "incorpore a todos os colectivos de Atención Primaria" ao Consello Técnico para, en diversas subcomisións técnicas, "se acorden medidas para mellorar" este nivel asistencial.

En declaracións a Europa Press, o portavoz da plataforma, Manuel Martín, incidiu en que "a Atención Primaria está formada por un equipo multidisciplinar", polo que considera "importante incorporar á negociación" coa administración a todos os colectivos.

"O modelo é o que é e para facer promoción e prevención en Atención Primaria hai que buscar sinerxias e colaboración entre todos os colectivos", afirmou. Por iso, SOS Sanidade Pública pide ao Sergas a incorporación de todos os colectivos de profesionais deste nivel asistencial ao Consello Técnico. "Non sabemos se a Administración vaino a admitir", engadiu.

Neste sentido, esta plataforma aposta por buscar un "acordo xeral" no marco do Consello Técnico de Atención Primaria. Por iso, esperarán á reunión do próximo 13 de xuño do Consello Técnico, para "presentar alegacións".

"Queremos que sexa un instrumento para a negociación, coa creación de comisións específicas que aborden os problemas de médicos, matronas... porque faltan recursos e están mal organizados", insistiu Manuel Martín.

"MAREAR A PERDIZ"

Por iso, avisan por parte desta plataforma que "se a Administración segue pensando que é un Consello consultivo", abordarán "medidas de mobilización".

Tras ratificar o seu apoio ás protestas dos médicos de Atención Primaria en Galicia, Martín explicou que por parte da plataforma SOS Sanidade Pública apostan por que "a mobilización sexa de todos os colectivos" deste nivel asistencial. "Compaxinaremos medidas de presión con negociación", sentenciou.

Deste xeito, avanzou que esperarán ao día 14 de xuño, tras a reunión do Consello Técnico do 13, para avaliar a situación e "ver se a Administración está disposta a que sexa un instrumento de análise, acordo e pacto". "Ten que ter un tempo e emitir informe", concluíu para advertir de que se se trata dun organismo para "marear a perdiz" haberá "mobilización".

Manifestación en Santiago convocada por SOS Sanidade Pública
Manifestación en Santiago convocada por SOS Sanidade Pública

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta