Dúas persoas feridas na Estrada por unha colisión entre un camión e un vehículo

Segundo os datos facilitados polo 112 Galicia, o sinistro tivo lugar sobre as 16,15 horas deste mércores no quilómetro 315 da N-525 na parroquia de Santa María Loimil, estrada que foi cortada.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/05/2019 | Actualizada ás 17:51

Comparte esta noticia

A colisión dun coche e un camión rexistrada na tarde deste mércores saldouse con dúas persoas feridas no municipio da Estrada (Pontevedra).

Segundo os datos facilitados polo 112 Galicia, o sinistro tivo lugar sobre as 16,15 horas deste mércores no quilómetro 315 da N-525 na parroquia de Santa María Loimil, estrada que foi cortada.

Servizo de emerxencias 112
Servizo de emerxencias 112

O 112 avisou ao 061, Bombeiros do Deza, GES, Garda Civil de Tráfico, Policía Local e Protección Civil. Tamén foi mobilizado persoal de mantemento da estrada.

Urxencias Sanitarias de Galicia-061, cuxo persoal procedeu a atender a dúas persoas, desprazou ao lugar un helicóptero medicalizado.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta