A Xunta prepara un plan para a Ribeira Sacra para poder "coordinar e xerar sinerxías"

O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, apuntou que a aspiración de ser declarada Patrimonio da Humanidade "non é un punto e final" senón "un punto e seguido", pois é "necesario seguir traballando".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/05/2019 | Actualizada ás 19:27

Comparte esta noticia

A Xunta está "a traballar na redacción dun plan Ribeira Sacra", segundo destacou o conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, co obxectivo de "coordinar investimentos e xerar sinerxías" neste espazo.

Apuntouno, no pleno do Parlamento, a preguntas da deputada do PP Julia Rodríguez, á que dixo que a aspiración a ser declarada Patrimonio da Humanidade "non é un punto e final" senón "un punto e seguido", posto que é "necesario seguir traballando".

Por iso, e coa "enorme oportunidade para dar un envorco" á zona, apuntou ao mencionado plan, que se estruturará en tres niveles: de protección, de promoción e de coordinación de investimentos públicos.

Por outra banda, a cuestións da tamén popular María Ángeles Antón sobre o edificio Fontán da Cidade da Cultura, Rodríguez lembrou que a previsión é que "as obras estarán acabadas en torno ao final do ano 20 e no 21 (estará) completamente en funcionamento".

Deste xeito, valorou ter "terminado" o ano do Xacobeo "un complexo que sufriu moitas vicisitudes pero que vai ser un referente e un orgullo para Galicia", que está situado en Santiago pero que é "equipamento cultural de toda Galicia".

Ribeira Sacra, entre Ourense e Lugo
Ribeira Sacra, entre Ourense e Lugo | Fonte: EP

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta