Temas: XUNTA RíOS PESCA

Xunta e municipios chaman a aproveitar a nova lei de pesca para axilizar as tarefas de conservación en ribeiras de ríos

Segundo informa a Administración galega nun comunicado, poderase facer actuacións menores como a retirada de árbores da ribeira ou da propia canle fluvial, así como a eliminación de elementos arrastrados pola corrente.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/05/2019 | Actualizada ás 19:54

Comparte esta noticia

A Consellería de Medio Ambiente e a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) chamaron a aproveitar a tramitación da nova lei de pesca para unificar e axilizar en todas as concas os permisos para tarefas de conservación nas ribeiras dos ríos.

Este mércores a directora xeral de Patrimonio Natural, Belén do Campo, reuniuse co presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), Alfredo García, para analizar o contido do anteproxecto da lei de pesca continental. Segundo informa a Xunta nun comunicado, deste xeito os promotores dunha actuación menor, como pode ser a retirada de árbores mortas da ribeira ou da propia canle fluvial, así como a eliminación de elementos arrastrados pola corrente.

Pola súa banda, o representante dos rexedores galegos subliña que a situación dos ríos está condicionada polas trabas burocráticas para a execución de determinadas obras, polo que considera positivo que a futura normativa faga fincapé na axilización.

Río Arnoia
Río Arnoia | Fonte: XM Fdez

Temas: XUNTA RíOS PESCA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta