A Xunta abrirá unha liña de avais para pemes e emprendedores de 40 millóns

Coa medida preténdese facilitar a concesión de crédito a máis de 200 emprendedores e pemes.

Por E.P. | A CORUÑA | 31/05/2019 | Actualizada ás 12:17

Comparte esta noticia

A Xunta mobilizará 40 millóns a través dunha nova liña de avais e reavales coa que se pretende facilitar a concesión de crédito a máis de 200 emprendedores e pemes. Así o informou a Consellería de Economía despois de que o seu titular, Francisco Conde, participase na Asemblea xeral da Confederación española de Sociedades de Garantía Recíproca, na Cámara de Comercio da Coruña.

Nese acto, a preguntas dos xornalistas, o conselleiro lembrou a aprobación recentemente por parte da Xunta dun plan de financiamento para este ano do que se beneficiarán 800 pemes a través dunha achega económica de 300 millóns.

Farase, segundo explicou, a través da colaboración coas sociedades de garantía recíproca para que as pemes teñan un elemento adicional para "atender as súas necesidades financeiras".

Destas liñas de financiamento, a Consellería explicou que algunhas están xa en marcha e outras " se irán abrindo as próximas semanas". Só a través da sociedade Afigal espéranse obter 60 millóns, un 10% máis, segundo o seu presidente, Antonio Couceiro, que ostenta tamén o cargo de máximo responsable da Confederación española de Sociedades de Garantía Recíproca e da cCámara de Comercio da Coruña.

A Xunta abrirá unha nova liña de avais para emprendedores.
A Xunta abrirá unha nova liña de avais para emprendedores. | Fonte: XUNTA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta