Asemblea urxente do Encontro Irmandiño para decidir o seu futuro no BNG

A Coordinadora do Encontro Irmandiño (EI) mantivo unha xuntanza na noite do xoves e por unanimidade decidiu saír do BNG. Con todo, a decisión teñen que tomala os afiliados. Tamén as mocidades de EI e Máis Galiza apostan por saír.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 03/02/2012 | Actualizada ás 11:08

Comparte esta noticia

Por iso decidiron convocar unha asemblea urxente, a cuarta que celebra este movemento.  Terá lugar o domingo 12 de febreiro. Nese cónclave decidirase se o futuro de EI está dentro ou fóra do BNG.

Sen embargo, a postura dos membros da coordinadora foi unánime a favor da saída do BNG. A xuntanza, que comezou a partir das 21.00 horas do xoves, prolongouse durante horas, até a madrugada do venres.

O propio Xosé Manuel Beiras, logo da asemblea nacional do BNG do pasado domingo, suliñou que o seu futuro no BNG dependería do que decidiran os militantes da súa corrente. O acontecido durante este cónclave --con insultos cara a súa figura-- e o aumento da tensión entre a UPG e as distintas corrrentes fan "inviable", segundo a coordinadora do EI, unha convivencia pacífica.

As mocidades, tamén a favor

Pero os irmandinhos non son os únicos que se queren marchar do BNG. Tamén as mocidades de EI e Máis Galiza  están a favor da excisión. Nunha xuntanza, tamén celebrada onte, e á que asistiron uns 70 mozos, apostouse tamén por abandonar o BNG. Unha decisión casi unánime xa que só se opuxeron a ela dúas persoas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 403 comentarios

7 Boa viaxe

Rosa Díez fixo parecido, quixo mandar ela e como non lle saíu marchou. Nun aspecto é peor, estes ían "co-mandar" nunha proporción de 7-7-1, pero tampouco lles vale. Queren que os gañadores lles deixen todo.

1 Galeguista

¡que non cola vividores da UPG! Rezade (xa sei que non é o voso) por chegar ao 5%, porque non sei como ides pagar as nóminas de tanto mangante...

2 Grazas

Moitas grazas por desexarnos boa viaxe. Agora ábrese a posibilidade de un novo nacionalismo realmente transformador e útil para o pais. Eu tamén vos desexo o mellor ós que decidides ficar no BNG. Saudos.

3 que vas ser galeguista

Que si home somos todos vividores. O malo é que cando vos presentedes ás eleccións vanvos atacar polo mesmo que insultades vos: queredes postiños.

4 que tercos

que risas dan os da upg, se hai escision e pola vosa culpa upegallos,que vades en contra da sociedade, o nacionalismo galego merece outra cousa,o nacionalismo galego merece achegarse a sociedade, e isto o di un marxista ;)

6 Nacionalista Galego

Enchíaselle a boca falando de democracia, de que se quería implantar o pensamento único, de que a militancia tiña que falar, etc, etc. Pero seica para eles democracia significa que hai que acatar o que diga a maioría se pensa coma eles, se non, non ten validez. Agora se ve claramente quen queere impor o pensamento único e antidemocrático. A pregunta é si queren traballar por o proxecto común ou queren oo sillón de poder. Con isto está claro a resposta, non queren traballar polo proxecto do BNG, o que queren e mandar. E só podo dicer que si non queren acatar as decisións da militancia, se non aceitan as regras do xogo, as decisión acadadas democraticamente, non teñen cabida no BNG. Si por outra banda, estan dispostos a traballar polo proxecto común, con respeto, lealdade e unidade, adiante. Todos somos necesarios, mais ninguén é imprescindible.

1 Galeguista

Veña coa matrca, e dalle que tumba e tumba que dalle. Tedes un proxecto aprobado polos pelos, un proxecto que so representa á UPG e ao MGS, así que a defendelo con uñas e dentes para acadar o 5% preciso para entrar no parlamento. Sorte, ídela precisar...

2 Nacionalista Galego

Aprobado polos pelos? Que eu saiba a avaliación das teses políticas foi apoiada por unha ampla maioría de case o 70% e son as teses que van rexir a liña política do BNG. Que eu saiba iso non é ter un proxecto aprobado polos pelos. Sexamos realistas. Ou é que se o resultado das candidaturas ao CN houbera sido ao revés non huberan respetado as teses aprobadas?

3 Galeguista

Si aprobadas polo 70% o sábado, día onde a maioría xa xente (non so hai no BNG liberados, traballadores dos locais e funcionarios) non puido ir votar. E ben se sabe segundo os resultados do domingo a quen votaba esa xente. ¡Vivide fora do mundo real, o voso maxín trebella de máis e traballa pouco!

4 Nacionalista Galego

Mira, meu xa se nota que non estiveches na AN. O texto e as emendas foron aprobados o DOMINGO, non o sábado. Así que igoal es ti o que vive fora do mundo real.

5 Asembleeiro

A min tantas votacións con participacións tan dispares e resultados tan desiguais lémbranme o Castelo de Kafka. Con tantas boas ideas e tan bos debates como non se fai un sistema para que poida votar toda a militancia?

6 Nacionalista Galego

A miña teoría persoal da disparidade de resultados nas votacións é que moitos foron só para votar as candidaturas e lles daba igoal as teses que se aprobaran, e iso da moito que pensar. Porque si ben é certo que algúns traballaban o sábado, o domingo se estiveran interesados estarían dende o primeiro na asemblea, non había mais que ver a que hora chegaba a xente e como algúns autobuses chegaron a hora que chegaron e marcharon trala segunda volta da votación sin agardar resultados, nin estar presentas na clausura. Iso si, estou orgulloso dos compañeiros de unha e outra corrente que estiveron debatindo e propondo ideas das comisións e demais, porque ise é o verdadeiro espírito da asemblea, a participación directa para poder facer un proxecto común con ideas de todos.

5 Coromines

"con insultos HACIA a súa figura" ... ??? "HACIA" já é galego ??? A ver se vem Exlusista a pôr ordem, home!

1 Ancho es Lorenzo

Miña nai. O próximo que será? "Vamos HACIA o monte?" Así calquera pode falar e escribir "galego" !

4 Observador

Suponho que se marcham do BNG renunciarám às suas alcaldias nom? Ou converterám-se em tránsfugas?

1 A ver que pasa

O de Teo comentara aí atrás que o de marchar é cousa de Beiras, que el quedaba. A ver o que fai.

2 Gulag

Ao Gulag!!!!!

3 Solzhenitsyn

O de Teo está cajadiño co tema...

4 Roi

As alcaldías??? pero estades mal da cabeza??? A xente votoulle á lista e non ao BNG, supoño que se a xente que se aprensentou polo BNG marcha ao grupo mixto seguirán sendo deles as actas??? Propoño que lle den as actas a Rafa Villar e a Paco, o papa negro para que gobernen o mundo...¡Veña oh, que sodes uns talibáns!

5 Xanti

Solzhenitsyn, non se che pasou pola cabeza que se Martiño foi elexido, foi porque fixo as cousas ben e por iso sacou maioría absoluta? Non, ali votaron por el porque son todos da UPG.

6 teense

Martiño non marcha do BNG, de feito logo pode ser o portavoz nacional ou ter outra función de relevancia. Por favor non manchedes o nome de Martiño.

7 Xan de Outeiro

Na UPG ainda existen inxénuos, cando queren. Dicir que os alcalxes van entregar as actas roza o esperpéntico. A que llas deberian entregar? Ao nº dous do grupo municipal que, por astucia upegalla sempre son da casa? Os alcaldes serán alcaldes con apouio da UPG ou doutros partidos que se animaran a creaer discusións entre o Grupo nacionalista para ter mellor espazo nas vindeiras municipais. Ou sodes parvos? Así funciona a política. Se non vences ao enemigo únete a el que xa virán tempos de tumbalo!!

3 Xanti

Tanto vai o cántaro a fonte que claro, algunha vez tiña que romper...