GC Aberto

PODEMOS vén abaixo

Na actual conxuntura manter en pé a súa oferta ao PSOE para formar un Goberno de coalición, non pasa de ser unha argucia do núcleo duro de Podemos para quitarlle ferro á derrota e manter con iso a súa continuidade.

Por galdo1950 (http://galdo-fonte-xm.blogspot.com/) | GC ABERTO | 12/06/2019

Comparte esta noticia

Pedro Sánchez (PSOE) e Pablo Iglesias (Podemos)
Pedro Sánchez (PSOE) e Pablo Iglesias (Podemos) | Fonte: RTVE.

Foi xusto nas anteriores eleccións ao parlamento europeo cando o nome de Pablo Iglesias apareceu por vez primeira nunha papeleta electoral, uns comicios que polos bos resultados alcanzados facilitáronlle a súa estrea como membro do foro institucional. 

 

Éxito que no ano seguinte fíxose extensivo á esfera municipal así como no resultado das eleccións xerais que lle precederon, mantendo a tendencia alcista e logrando en consecuencia unha significativa representación electoral, ata que hai dous anos como consecuencia da deríva tomada pola organización morada tras a celebración de Vistalegre 2 viuse alterada en negativo a súa folla do roteiro político, que ademais de deteriorar a súa imaxe anunciaba un desastre electoral , ata o extremo que unha de cada tres persoas que anteriormente lles prestaron o seu apoio, despois daquela conflitiva asemblea deixaron de facelo.

 

Tendencia confirmada nas eleccións de abril e ratificada co pau electoral do domingo último onde o resultado das urnas certificou a perda de todos os seus bastións, e non só os denominados concellos do cambio, senón tamén a relevancia que posuía para influír na formación nos gobernos autonómicos e boa parte da súa representación no foro europeo; pasando nunha curta temporalidade da euforia de tomar o ceo por asalto á decrepitude política.

 

A primeira das consecuencias deste desastre electoral tena o máximo dirixente de Podemos a quen se lle chafa a súa baza de negociar con Sánchez a súa incorporación ministerial a un Goberno socialista, que ao parecer é a única opción quebarallan os membros da cúpula podemita para salvar metaforicamente os mobles, e así tentar xustificar ante os  cada vez menos inscritos a excedida caída nas urnas.

 

Non é de recibo facer recaer a desfeita na existencia de guerras intestinas, como vén argumentando interesadamente a cúpula dirixente, tendo en conta que desde Vistalegre 2 a oposición interna foi proscrita ou acantoada sen contemplacións, por iso é polo que a asignación do desastre haxa de adxudicarse en exclusiva á incoherente liña política que Podemos impuxo desde a súa executiva, e que os resultados acreditan como propios dun partido residual, pois o feito de obter tan só o 14,3% dos votos a nivel estatal, garda mais encaixe e similitude cos vellos teitos de EU que os que en boa praxe debese obter un partido constituído coa determinante finalidade de superar os límites da esquerda clásica.

 

Por tanto, tras cinco anos de Podemos e oito do 15 M, o impacto do baixón sufrido en termos de poder institucional é de tal calibre que pon en serio perigo a continuidade da formación política; unha situación extrema que ante a negativa de Iglesias a asumir a paternidade da hecatombe esixe unha resposta de urxencia que pasa polo adianto de Vistalegre 3 coa finalidade de afrontar a dobre función de asumir a refundación do partido e a elección dun novo Secretario Xeral como única maneira de poder sacar dunha vez por todas a Podemos da crise na que está sumida.

 

Non afrontar tal medida de rexeneración é cando menos un suicidio político, especialmente cando a disfuncionalidade orgánica é suplida pola operativa do tándem Iglesias-Montero que ademais de restrinxir o poder de decisión, é quen establece o funcionamento do partido a través de asiduas reunións que co grupo de amigos máis íntimo celebra a parella no chalé familiar de Galapagar, e onde, entre outros asuntos decídese a estratexia do Secretario Xeral na súa resistencia para abdicar, e a súa tenaz reafirmación na conformar un goberno de coalición

 

Para entender o que está a ocorrer hase de saber que a excepción do propio Iglesias o resto dos membros da actual dirección mono cor non formaba parte de Podemos cando se celebrou a I Asemblea Cidadá de Podemos, alcumada Vistalegre 1, tendo en conta que todos eles son fichaxe do propio Secretario Xeral quen para impoñer os seus postulados chamou aos seus vellos camaradas do PCE, con experiencia en controlar aparellos de partido. entre os que curiosamente se atopaba Irene Montero, quen desde Vistalegre2 nun ascenso fulgurante fíxose co dominio do partido sen oposición que lle poida rechistar, aínda que á hora de buscar culpables da desfeita electoral é a primeira en renegar de todas responsabilidade ao tempo de cargar tintas contra os díscolos coa súa acción executiva.

 

O seu controvertido acceso ao poder, a total ausencia de autocrítica e o negarse a recoñecer a nefasta deriva que está a tomar a situación coas súas decisións, son prácticas diametralmente opostas ás que ilusionaron á gran maioría dos homes e mulleres que no seu día se incorporaron a Podemos.

 

O que en boa lóxica motiva que por coherencia unha gran maioría discrepante de tales prácticas renuncie a continuar formando parte de tan devaluado proxecto, sendo aí onde reside no esencial a  descapitalización electoral.

 

 

Por iso é polo que a súa continuidade á fronte non fará máis que aburar o desastre.

 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 6 comentarios

2 eusi

E seguirán caendo grazas ás suas propias decisións: manipulacións, asaltos, desprezos. Á m_rda PPodremitas! (incluidos os cipaios delegados de Galiza que agora se pavonean polos Mandriles)

1 Gamela

O proxecto político Podemos foi fagocitado polos cadros da vella EsquedaDesunida ! Especialmente en Madrid o cainismo resulta apabullante e teño as miñas dúbidas de que fora Pablo Iglesias quen chamara aos "vellos camaradas" (?) máis ben se lle impuxeron estes nomes vía Alberto Garzón (sempre na sombra) e tecendo as súas componendas electorais grazas á inestimable colaboración de Irene Montero !!! Unha muller que non oculta a súa intención de se converter na próxima Secretaria Xeral de Podemos! En Galicia temos outras dúas especialistas: Eva Solla e Yolanda Díaz (seica o seu feminismo consiste en facer o de sempre: buscar o poder por calquera medio!) Pronto pedirán a cabeza de Toné para colocar a Rubén Pérez! De momento en Vigo a sede de EU ten uns enormes carteis nun entrechán da Porta do Sol (os cartos non sabemos de onde saíron!)

1 MalditaUPG

¡La culpa es de la U!

2 Gamela

pois xa que falas da UPG, habería que preguntarlles se despois de 50 anos están contentos co número de Concellos nos que goberna o BNG ? Ao mellor a culpa é da UPG así como a culpa da defenestración de Podemos é da vella EsquedaDesunida-PCE !!!

3 Sentidiño

Outra vez sae o teu machirulismo: non podes falar dos axentes políticos sen clasificalos en mulleres (sempre sospeitosas) e homes? Falas de Feixoo, Beiras ou Casado coma "homes", ou coma eles mesmos? Non existen os micromachismos: só existen os machistas.

4 Gamela

Cando o falar dunha ou varias mulleres que "buscan o poder a calquera prezo" convírtese en "machista"... cicais o problema o teña a categoría e non a realidade que sinalamos : ¿tamén as mulleres poden ser trepas ou iso está reservado aos homes especialmente machistas...?