O Goberno estima inconstitucional a carreira profesional dos funcionarios e comeza negociacións coa Xunta

Segundo dúas resolucións publicadas estes venres no Boletín Oficial do Estado, que fan referencia aos axentes forestais e ambientais da Xunta e ao persoal sanitario.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/06/2019 | Actualizada ás 13:51

Comparte esta noticia

O Ministerio de Política Territorial e Función Pública iniciará negociacións coa Xunta sobre a regulación do sistema carreira profesional no corpo de funcionarios autonómico por estimar que podería ser obxecto dun recurso de inconstitucionalidade.

En concreto, segundo dúas resolucións publicadas este venres no Boletín Oficial do Estado (BOE) e recollidas por Europa Press, a comisión bilateral de cooperación entre o Estado e a Comunidade galega acordou comezar diálogos para "resolver as discrepancias" en relación a dous textos legais que recollen a carreira profesional e trasladar un posible acordo ao TC.

En concreto, a resolución alude aos artigos 6 e 18 da Lei 3/2018, de 26 de decembro, de medidas fiscais e administrativas, e á Lei de Orzamentos de Galicia para 2019. Ademais dos funcionarios de carreira profesional da administración, estes preceptos legais fan referencia aos axentes forestais e ambientais da Xunta e ao persoal sanitario. Este trámite iniciado polo Ministerio de Política Territorial e Función Pública correspóndese cunha fase previa a presentar un recurso de inconstitucionalidade ante o TC.

O Goberno inicia negociacións coa Xunta ao estimar inconstitucional a carreira profesional dos funcionarios
O Goberno inicia negociacións coa Xunta ao estimar inconstitucional a carreira profesional dos funcionarios | Fonte: EP

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta