O delegado do Goberno chama á "responsabilidade" ao volante ante o incremento da sinistralidade

Javir Losada asegura que "é moi preocupante" e que se precisa unha "campaña constante de concienciación".

Por E.P. | A CORUÑA | 03/06/2019 | Actualizada ás 13:33

Comparte esta noticia

O delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, fixo un chamamento á "responsabilidade" dos condutores ao volante ante o incremento da sinistralidade viaria na Comunidade galega, onde no que vai de ano faleceron 42 persoas.

moi preocupante. Son cifras que se elevaron e leva a seguir concienciando aos condutores", dixo Losada ao ser preguntado polo aumento destas cifras no mes de maio, e, sobre todo, tras os sinistros ocorridos esta última semana en Redondela (Pontevedra) con tres novos falecidos e na Autovía A-6.

O delegado do Goberno sinalou que "nada é posible se os cidadáns que conducen non se dan conta que non poden correr, que non poden beber, que teñen que estar atentos aos sinais de trafico".

Por iso, ante un tema que cualifica de "preocupante", chamou á "responsabilidade" ao volante. " É unha campaña constante de concienciación", dixo tras alentar á cidadá a que "se responsabilice da condución". "É un goteo continuo que ten que ver coa falta de responsabilidade", indicou en referencia ao aumento dos accidentes nestes últimos meses.

Autoestrada AP-9. EUROPA PRESS - Arquivo
Autoestrada AP-9. EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta