Temas: SENADO EN MAREA

O Grupo parlamentario de En Marea abre aínda máis a fenda coa dirección e rexeita a súa proposta para o Senado

Consideran que non corresponde á dirección política do partido decidir o nome da persoa que debe ser proposta para a súa elección como representante do Parlamento autonómico na Cámara Alta.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/06/2019 | Actualizada ás 18:01

Comparte esta noticia

A maioría dos deputados que integran o Grupo Parlamentario de En Marea rexeita o nome proposto polo Consello das Mareas, máximo órgano de dirección do partido instrumental, para ocupar o posto de senador por designación autonómica que lle corresponde en virtude da súa condición de segunda forza no Pazo do Hórreo.

Grupo Parlamentario de En Marea na X Lexislatura.
Grupo Parlamentario de En Marea na X Lexislatura.

Segundo fontes próximas ao grupo consultadas, a maioría dos 14 deputados que En Marea ten na Cámara galega consideran que non corresponde á dirección política do partido instrumental decidir o nome da persoa que debe ser proposta para a súa elección como representante do Parlamento autonómico na Cámara Alta durante a recentemente iniciada lexislatura.

O pasado sábado nunha reunión, o Consello das Mareas --no que non participan membros do chamado sector crítico co portavoz, Luís Villares-- acordou propor á membro da coordinadora Mariló Candedo como senadora por designación autonómica por parte do Grupo de En Marea no Parlamento galego.

Segundo explicou a organización, a elección de Candedo débese a que foi a persoa que obtivo o maior apoio dos inscritos nas primarias do partido para as eleccións xerais do 28 de abril.

Con todo, a maioría dos deputados rexeita este nome ao ser proposto pola dirección de En Marea, á que deslexitiman como órgano que teña ascendencia sobre o grupo na Cámara, especialmente tras a división en dúas candidaturas do espazo político nas eleccións xerais do pasado mes de abril.

O portavoz parlamentario e orgánico de En Marea, Luís Villares, só ten o apoio explícito de tres dos seus 13 compañeiros no Pazo do Hórreo. O resto, entre os que figuran representantes de Podemos, EU e Anova, están enfrontados ao maxistrado lucense, a quen pretenden relevar como portavoz na Cámara, aínda que este debate quedou aparcado polo momento.

Temas: SENADO EN MAREA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 13 comentarios

9 Guillerme Gintonic

Antón Sánchez , novamente, ao servizo de IU e Podemos. LAMENTABLE ¡¡

1 Uff, Uff, dicía a meretriz

Home Willy, facía tempo, xa che pasou a "resaka". Cada vez estou máis de acordo contigo. Antón Sánchez, alias o "ejpañó campeador" ao servizo do ejpañolismo máis rancio.

8 Faraldo

Que manden a Paula Quinteiro

7 Gustavo

É unha magoa que de vez en cando haxa eleccións e a xente vote. Porque si polos comentarios deste foro fora, o bloque tería maioría, Villares seguiriao a pouca distancia e mesmo CxG tería unha ampla representación. A Marea teríana roto "os demáis" e non Villares e catro amigos, e todos os parlamentarios desta formación terían que dimitir ( e de paso, ceder os seus escanos, digamos, aos auténticos e únicos galegos do bng). Esto é o que se deduce do 90% dos comentarios aquí publicados, nesta e noutras novas. Moi representativo da nosa sociedade, sí, sí, sí...!

1 Ran tam plan

Non digas sandeces. Hoxe iso non é un grupo, cada un vai ao seu. Como pode alguén dicir que é un grupo se se presentan con ata catro denominacións diferenciadas e enfrentadas entre si. O lóxico é que perderan a súa condición de segundo grupo parlamentario no Hórreo porque en realidade xa non o son. E hai que ser cego para non ver iso, pero tratar que os demais o traguemos é infantil. Ninguén pide as súas cadeiras de parlamentarios, cuestión totalmente innecesario porque dentro dun ano xa se lles vai acabar a diversión por vontade dos votantes. A marea rompérona entre todos, todos teñen culpa a partes iguais. Precisamente porque hai eleccións estades onde estades: podemos-iu (2 en Madrid e rezando para que non haxa eleccións anticipadas porque van quedar en 0), en Marea (de villares) na irrelevancia total, as mareas de Martiño, Jorge e Ferreiro, quinta forza política sen relevancia ningunha excepto en Coruña e Santiago. Próxima estación: DESAPARICIÓN

6 Desfeita

Seica prometéronlle a sinecura a certa ex-senadora e ex-candidata europea angustiada, igual que lle prometeron o posto de voceira parlamentar á raíña do botellón. Troca de favores entre EU e Phodemos, mentres Anova fala da unidade popular. Isto pasa cando se vota pensando en abstraccións ideolóxicas, sen informarse sobre as personaxes que van nas listas.

5 Dalle que libras

O peor é que non dan desaparecido politicamente. Son igual que a herba da Pampa. Menos mal que nas próximas nacionais galegas van sacar dous (un por Pontevedra e outro por Coruña). Espero que nin iso.