As xogadoras do Deportivo Abanca presentan o seu título de ascenso en Raxoi

O novo Decreto sobre deportistas de alto nivel contemplará novas "vantaxes" para as deportistas, especialmente para aquelas que vaian ser nais.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/06/2019 | Actualizada ás 18:43

Comparte esta noticia

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, recibiu este luns no Pazo de Raxoi á sección feminina do Deportivo Abanca polo seu ascenso á máxima categoría, que destacou como un feito "histórico para o deporte feminino e para o fútbol galego".

Ao longo da súa intervención, Feijóo referiuse ao Deportivo Abanca como un "referente para deixar de falar de fútbol feminino e falar soamente de fútbol". Ademais, engadiu que as 23 mulleres integrantes do equipo "representan o mellor da nosa terra".

Así mesmo, eloxiou o esforzo, a paixón e a entrega das xogadoras, que contribúe a manter viva a chama do deporte galego. "Grazas de novo por facernos soñar, por confiar e por crer en vós mesmas", engadiu o presidente.

Na súa intervención, o dirixente confirmou que a Xunta seguirá comprometida co deporte a todos os niveis e categorías. "Seguiremos incentivando o número de licenzas femininas e a porcentaxe de mulleres presentes nas xuntas directivas dos clubs deportivos, sociedades anónimas deportivas e agrupacións deportivas escolares, así como das federacións deportivas á hora de outorgar as subvencións", sostivo.

IGUALDADE SALARIAL

Feijóo destacou que o Goberno galego "está a premiar as accións que velen pola igualdade efectiva entre mulleres e homes" e que seguirá "valorando os proxectos das federacións relacionados co fomento do deporte feminino".

Por outra banda, lembrou que o novo Decreto de deportistas de alto nivel, que será aprobado a finais deste ano, contemplará novas "vantaxes" para as deportistas, especialmente para aquelas que vaian ser nais.

Feijóo felicita ás xogadoras do Deportivo polo seu ascenso 'histórico' para o deporte feminino e o fútbol galego. XUNTA
Feijóo felicita ás xogadoras do Deportivo polo seu ascenso 'histórico' para o deporte feminino e o fútbol galego. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta