Melloras laborais, máis persoal e capacidade de decisión, reclamacións dos médicos galegos ante a folga

O paro na Atención Primaria producirase o próximo 19 de xuño.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/06/2019 | Actualizada ás 21:20

Comparte esta noticia

A Asemblea de Áreas Sanitarias de Galicia acordou este luns, nunha reunión en Santiago, un texto común de reclamacións de cxara á convocatoria de folga en Atención Primaria para o próximo 19 de xuño, entre as que se atopan melloras laborais, máis persoal, máis financiamento e un incremento na súa capacidade de decisión.

Médicos de Atención Primaria da área de Vigo, en folga
Médicos de Atención Primaria da área de Vigo, en folga | Fonte: EP.

A asemblea, que concluíu pouco antes das 21,00 horas e na que participaron médicos de todas as áreas sanitarias, pechou unha primeira acta de reivindicacións comúns coa vista posta na folga do 19 de xuño, que se ratificará nun novo encontro fixado para o mércores.

Segundo contou unha das participantes, Flavia Berrocal, da área Sanitaria de Santiago, entre as reclamacións está o incremento progresivo ata o 25% para Atención Primaria e a recuperación das estruturas de xestión deste nivel asistencial nun prazo máximo de 12 meses.

Ademais, os facultativos solicitan que se habilite "de forma inmediata" a derivación e a consulta telemática con outros servizos desde a Atención Primaria, así como a "igualdade de acceso" a probas diagnósticas.

Entre as reclamacións comúns tamén están as de índole laboral, como a petición de que sexan convocadas en oferta pública de emprego todas as vacantes actuais e previstas no servizo e que se teña en conta a calidade asistencial para redimensionar as cotas e os persoais.

Finalmente, adscríbense ás reclamacións dos Puntos de Atención Continuada, que tamén inclúen nas súas esixencias, e piden un cambio no contrato eventual de continuidade que lle de estabilidade e non "fomente a precariedade".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Dr Bacterio

Novamente será BOICOTEADO polos sindicatos