O paro cae en 5.421 persoas en maio en Galicia

O total de parados é de 160.805.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/06/2019 | Actualizada ás 10:02

Comparte esta noticia

O número de parados rexistrados nas oficinas dos servizos públicos de emprego (antigo Inem) baixou en 5.421 persoas en maio en Galicia, ata situar o total en 160.805 desempregados, segundo os datos que publica este martes o Ministerio de Traballo.

De acordo con estes datos, o desemprego na comunidade galega baixou máis que a media: unha 3,26% fronte ao 2,6%. Foi o oitavo maior descenso por comunidades en termos relativos, e o sexto máis pronunciado en cifras absolutas.

En relación con hai un ano, o paro en Galicia afecta a 15.891 persoas menos, o que supón unha caída do 8,99% durante os últimos 12 meses.

O paro cae en 5.421 persoas en maio en Galicia, ata 160.805 desempregados. EPDATA
O paro cae en 5.421 persoas en maio en Galicia, ata 160.805 desempregados. EPDATA | Fonte: Europa Press

XUNTA

A Xunta destacou que Galicia é a segunda comunidade autónoma na que máis baixou o paro rexistrado en maio en relación co mesmo mes de 2018. Así, o desemprego sitúase en niveis "moi inferiores" aos de hai unha década.

Chamaron a atención sobre estes datos tanto o conselleiro de Economía, Francisco Conde, en declaracións aos xornalistas durante un acto en Santiago, como a secretaria xeral de Emprego, Covadonga Toca, a través dunha nota de prensa.

Conde valorou que o descenso do desemprego na comunidade este mes foi superior á media e tamén reivindicou o "bo comportamento" por parte das afiliacións á Seguridade Social, que "un mes máis crecen por encima do propio descenso do paro".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta