A nena atropelada nun paso de peóns en Poio evoluciona "ben"

Está "estable" despois de ser intervida cirurxicamente.

Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 04/06/2019 | Actualizada ás 13:28

Comparte esta noticia

A nena de 12 anos de idade atropelada este luns cando cruzaba un paso de peóns de camiño ao colexio no termo municipal de Poio evoluciona "ben". Así o sinalaron fontes consultadas por Europa Press, que apuntaron que a menor está "estable" despois de ser intervida cirurxicamente.

No marco das pescudas da Policía Local constatouse que a menor cruzaba un paso de peóns regulado por semáforo, que estaba en ámbar con preferencia para os peóns, cando un vehículo que circulaba sentido Pontevedra lle deu un primeiro golpe e a desprazou ao outro carril. Nese momento, un camión que ía sentido Sanxenxo arroiouna e a nena quedou debaixo do vehículo.

En concreto, a nena cruzaba a Avenida da Barca, á altura do número 32, sobre as 8,30 horas deste luns cando foi atropelada. Os bombeiros mobilizados tiveron que levantar o camión para liberar á menor.

A nena foi evacuada nunha ambulancia medicalizada do 061 ao Hospital Provincial en Pontevedra, onde foi estabilizada, tras o que a trasladaron ao Hospital Clínico de Santiago, onde a operaron. Os golpes de importancia levounos na zona da cadeira e parte na barriga.

Unha persoa cruza un paso de peóns, punto de numerosos atropelos
Unha persoa cruza un paso de peóns, punto de numerosos atropelos

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta