O PP podería seguir gobernando a Deputación de Ourense grazas a Ciudadanos

A formación laranxa nomea unha comisión en Galicia para negociar gobernos locais coa premisa do PP como socio preferente.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/06/2019 | Actualizada ás 14:01

Comparte esta noticia

Cs nomeou unha comisión negociadora en Galicia para abordar os posibles pactos das entidades locais, municipios e deputacións, despois das eleccións do 26 de maio. A premisa que seguirán é a mesma directriz anunciada este luns pola dirección nacional do partido laranxa: o PP será socio preferente.

Coordinador polo secretario de Organización nacional, Francisco Fervías, o comité galego estará formado polo secretario de Organización, Laureano Bermejo, a secretaria de Acción Institucional, María José Hidalgo; a deputada nacional Beatriz Piñeiro; e a concelleira de Lugo e portavoz de Cs Galicia, Olga Louzao.

Tal e como explicou Cs, o comité autonómico sinalará as políticas que esta formación quere desenvolver na comunidade, "antepondo o interese dos cidadáns a calquera conveniencia partidista e coa rexeneración como obxectivo prioritario". Este órgano, explica, irá na liña do decálogo de negociación colectiva que aprobou este luns a executiva nacional do partido.

UN DOS RETOS, A DEPUTACIÓN DE OURENSE

Un dos retos máis importantes desta comisión será o goberno Deputación de Ourense despois de que o PP de Manuel Baltar quedou a un deputado provincial da maioría absoluta, polo que Cs é chave de goberno.

Concretamente, o hemiciclo do Pazo de San Marcos conta, tras as eleccións do 26 de maio, con 12 representantes do PP; seguido do PSOE, con nove; Democracia Ourensá, con dous; BNG, cun; e Cidadáns, con outro representante. A este respecto, a dirección galega non se pronunciou, como así tampouco o fixo o secretario xeral de Cs, José Manuel Villegas, ao ser preguntado pola situación de Ourense na rolda de prensa que tivo lugar este luns.

"Producirase a negociación e veremos como queda", limitouse a dicir Villegas este luns ao ser preguntado polo caso de Ourense. A directriz xeral é que o PP será socio preferente, pero o secretario xeral de Cidadáns dixo que "excepcionalmente" se poderá negociar co PSOE.

Pola súa banda, a candidata de Cidadáns á Alcaldía de Xinzo de Limia, a expopular Montse Lama, expresou en días pasados que vía "necesario" a renovación de "políticos e en políticas" en Ourense, posto que a provincia precisa "avanzar".

OUTROS CRITERIOS

No documento aprobado pola executiva e que servirá de base para as negociacións, tamén se inclúen as políticas que Cs impulsará alí onde sexa decisivo para a formación de gobernos, como reforzar a rexeneración democrática e a loita contra a corrupción, promover a simplificación da burocracia e o fin do "enchufismo, xunto con defender "a unión e a igualdade de todos os españois" e a aplicación do Estado de Dereito e a Constitución en lugares como Cataluña.

Así mesmo, nas negociacións Cs apostará por baixar os impostos, aplicar medidas para "protexer ás familias", garantir a independencia e a imparcialidade dos organismos públicos fronte ao "mangoneo dos políticos", defender unha educación de calidade e a excelencia universitaria, reforzar a loita contra a violencia machista e buscar a igualdade entre homes e mulleres.

28A.- Cs destaca o seu 'éxito' en Galicia coa vista posta en municipais e autonómicas: 'Estamos para quedarnos'. EUROPA PRESS - Arquivo
28A.- Cs destaca o seu 'éxito' en Galicia coa vista posta en municipais e autonómicas: 'Estamos para quedarnos'. EUROPA PRESS - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta