Morre un obreiro e outro resulta ferido en Lobeira ao colapsar o teito da vivenda na que traballaban

As vítimas realizaban tarefas de reparación do teito cando se veu abaixo.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/06/2019 | Actualizada ás 18:15

Comparte esta noticia

Un obreiro faleceu e outro resultou ferido de gravidade ao colapsar o teito da vivenda na que traballaban, situada no municipio ourensán de Lobeira. Segundo informou o Centro de Atención ás Emerxencia 112 Galicia, o accidente tivo lugar ás 17,00 horas nunha casa da parroquia das Cunchas.

As vítimas realizaban tarefas de reparación no teito dunha vivenda cando este veu abaixo. Un dos operarios faleceu no acto mentres que o seu compañeiro resultou ferido de gravidade. Urxencias Sanitarias 061 mobilizou ao lugar do suceso o helicóptero medicalizado con base en Ourense, que procedeu a evacuar ao accidentado a un centro hospitalario.

Ourense
Ourense | Fonte: encuentroedublogs en Wikipedia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta