Os Franco presentan unha segunda denuncia contra Carlos Babío e o grupo Atresmedia por inxurias e calumnias

A demanda coñecese o mesmo día que o Tribunal Supremo decidiu por unanimidade suspender preventivamente a exhumación dos restos de do ditador Francisco Franco.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/06/2019 | Actualizada ás 20:14

Comparte esta noticia

A familia Franco presentou unha denuncia contra o investigador Carlos Babío, e o grupo Atresmedia por inxurias e calumnias, por mor da súa participación no programa 'Equipo de Investigación'.

Parodia do ditador Francisco Franco na 5ª Marcha Sada-Meirás pola recuperación do Pazo de Meirás.
Parodia do ditador Francisco Franco na 5ª Marcha Sada-Meirás pola recuperación do Pazo de Meirás.

A primeira demanda cara a Babío, ex-concelleiro do BNG en Sada (A Coruña), foi presentada por mor da súa participación nunha reportaxe dun programa de televisión de Mediaset España SA, que os denunciantes consideran que mantivo un contido "calumnioso". Carlos Babío aparece no programa como neto de "afectada por expropiación" polo Pazo de Meirás.

No texto da demanda, os Franco censuraban que se tentase trasladar á opinión pública a "idea falsa" de que se tratase de ampliar a leira de Meirás respecto dos lindes orixinais "desafiuzando os lindeiros". Os denunciantes aseguraban que o contido da reportaxe foi "difamatorio" e acusan dunha vontade "inxuriosa" e piden reparar os danos e o "desmentido" de afirmacións.

Babío, autor do libro 'Meirás, un pazo, un caudillo, un espolio', foi citado de novo o próximo 19 de xuño, tras a suspensión da conciliación prevista para o 25 de marzo consecuencia da demanda interposta por seis do sete netos do ditador.

Esta segunda demanda dáse a coñecer, precisamente, o día en que o Tribunal Supremo decidiu por unanimidade suspender preventivamente a exhumación dos restos de do ditador Francisco Franco, que se debía levar a cabo o 10 de xuño ás 10 horas.

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, cualificou de "intolerable" esta decisión e denunciou a "impunidade" coa que actúan os Franco fronte aos datos históricos "contrastados que demostran que boa parte da súa fortuna procede do espolio que levou a cabo o ditador".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta