O PSOE de Pontevedra dá o seu apoio unánime a que Carmela Silva siga á fronte da Deputación

Os socialistas presumen de que "por primeira vez na historia o PSdeG é primeira forza na provincia de Pontevedra".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/06/2019 | Actualizada ás 20:29

Comparte esta noticia

A executiva do PSdeG-PSOE de Pontevedra convocou para o próximo 17 de xuño a reunión do comité provincial no que Carmela Silva recibirá o respaldo do partido para continuar como presidenta da Deputación de Pontevedra por catro anos máis, decisión que debe ser ratificada pola dirección federal dos socialistas.

Carmela Silva
Carmela Silva | Fonte: Europa Press

O acordo tomouse por "unanimidade e aclaración", segundo anunciou o secretario provincial, David Regades, que cualificou de "magnífico" o resultado das eleccións municipais para os socialistas da provincia.

"En catro anos démoslle a volta e chegamos ás administracións con máis peso que nunca", afirmou Regades, quen lembrou que "se confirmou" o seu prognóstico durante a precampaña electoral e "por primeira vez na historia o PSdeG é primeira forza na provincia de Pontevedra".

As listas socialistas nos municipios da provincia pontevedresa recibiron 197.445 votos, o que representa un 38,33 por cento dos sufraxios totais. O PSOE pontevedrés supera así os resultados das eleccións municipais de 2015 e 2011, nas que obtiveron o 30% e o 24,83%, respectivamente.

Así, Regades destacou as maiorías absolutas logradas polo PSdeG-PSOE en Vigo, Vilagarcía, A Illa, Silleda, Gondomar, Nigrán, Cuntis, O Grove, Pontecaldelas e Fornelos de Montes. A estas sumou a de Tui no caso de que prospere o recurso interposto polo seu partido ante a Xunta Electoral Central.

"Confiamos en que nos dean a razón", precisou o secretario provincial do PSdeG-PSOE. Ademais, resaltou as maiorías "relativas" en Baiona, Caldas de Reis, Catoira e Vilaboa.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

unanimidade e aclaración / aclamación supoño! está claro que Carmela progresa adecuadamente á sombra de Abel Caballero e como premio xa non vive no Calvario, agora codéase coa xente VIP da privadísima illa de Toralla (eso é socialismo do século XXI) https://i.gal/VigoDenuncia Dende Toralla os negocios privatizadores gozan de mellor perspectiva... ¿e o BNG vai para dentro o queda fóra?