Localizan sen vida o corpo dunha anciá que desaparecera o día anterior do seu domicilio en Ortigueira

O corpo sen vida da muller, de 93 anos, foi atopado preto da súa casa nun manancial. Debido á dificultade para acceder ao lugar foron requiridos no lugar do suceso efectivos do parque de Bombeiros do Eume.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/06/2019 | Actualizada ás 17:12

Comparte esta noticia

Unha veciña de Ortigueira (A Coruña), D.A.L., de 93 anos de idade, foi localizada sen vida nas proximidades do seu domicilio, na parroquia de Freires, no mediodía deste mércores tras permanecer varias horas desparecida, concretamente desde a tarde do martes cando os seus familiares a botaron en falta.

Fontes consultadas por Europa Press trasladaron que o corpo da muller foi localizado nunha zona onde nace un manancial e que está plantada con eucaliptos. Debido á dificultade para acceder ao lugar foron requiridos no lugar do suceso efectivos do parque de Bombeiros do Eume, con sede no veciño municipio das Pontes de García Rodríguez.

Unha vez levantado o cadáver, por orde da autoridade xudicial, será trasladado ao Hospital Naval de Ferrol para poder efectuarlle a autopsia. Nas últimas horas iniciáronse tarefas de procura da muller, con cuadrillas formadas por familiares e amigos, ademais de por axentes da Garda Civil, sendo unha delas a que logrou atopar á nonagenaria.

Parella De Anciáns Paseando
Parella De Anciáns Paseando

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta