Suspendidas as actividades no exterior dos centros educativos na Coruña e Pontevedra pola alerta do xoves

A Comisión Escolar de Alertas suspendeu as actividades no exterior dos centros educativos nas provincias da Coruña e Pontevedra deste xoves pola alerta climatolóxica activa na comunidade para esta xornada.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/06/2019 | Actualizada ás 18:03

Comparte esta noticia

A Comisión Escolar de Alertas suspendeu as actividades no exterior dos centros educativos nas provincias da Coruña e Pontevedra deste xoves pola alerta climatolóxica activa na comunidade para esta xornada.

Así o informou a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional nun comunicado, lembrando que no caso de que as circunstancias nun municipio concreto supoñan un risco superior ao declarado, as direccións poderán adoptar as decisións oportunas sobre a suspensión de actividades extraescolares.

A chegada dun temporal prevista para a mañá deste xoves obrigou a decretar o aviso laranxa en todo o litoral galego e no interior das provincias da Coruña e Pontevedra, onde se prevén refachos de vento de máis de 100 quilómetros por hora.

Borrasca 'Bruno'
Borrasca 'Bruno'

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta