Dúas persoas quedan atrapadas nun illote de Ferrol pola subida da marea

Ambas as dúas persoas atópanse "en perfecto estado de saúde e con material de protección para garantir a súa seguridade".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/06/2019 | Actualizada ás 19:53

Comparte esta noticia

Dúas persoas permanecen atrapadas nun illote dunha praia de Ferrol despois de verse sorprendidos pola subida da marea, segundo informou o CIAE 112 Galicia. Ambas as dúas persoas atópanse "en perfecto estado de saúde e con material de protección para garantir a súa seguridade", proporcionados por dous bombeiros que accederon ao illote e agora esperan a que melloren as condicións meteorolóxicas e do mar para saír da zona.

A crecida da marea sorprendeu a estas dúas persoas cando visitaban a illa de Santa Comba, situada en Ferrol. Eles mesmos comunicaban a súa situación á central de emerxencias ás 17,30 horas deste mércores.

Mar Cantábrico
Mar Cantábrico | Fonte: EP

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta