O incendio dun camión, que ardeu por completo, interrompe a circulación na A-52 en Verín

Os feitos sucederon ás 03.30 horas e só resultou ferido leve o conductor do vehículo.

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 06/06/2019 | Actualizada ás 09:43

Comparte esta noticia

O tráfico na A-52 estivo interrompido na madrugada deste xoves á altura de Verín (Ourense) por mor dun incendio declarado nun camión que deixou ao vehículo calcinado por completo despois de que chocase contra unha ponte.

Segundo informou o 112 Galicia, quedou cortada a circulación na autovía entre os puntos quilométricos 155 e 160 en ambos os carrís cara a Vigo e o tráfico foi desviado pola OU-310 e a N-525. O condutor do camión resultou ferido leve.

Os feitos sucederon sobre as 3,30 horas. Foi unha persoa particular a que contactou co 112 Galicia para alertar do sucedido e indicou no seu relato que xa sacaran ao condutor do interior do camión.

Tras recibir o aviso, por parte do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia requiriuse a intervención dos Bombeiros de Verín, da Policía Local e da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade. Ademais, solicitouse a intervención do 061, dos Bombeiros de Xinzo de Limia, do GES da Gudiña e da Garda Civil de Tráfico.

Xa no punto, os servizos de emerxencia traballaron arreo para sufocar o incendio, que quedou extinguido uns minutos despois das 5,30 horas. Segundo se lle indicou ao 112 Galicia, un dos dous carrís quedou aberto á circulación ás 6,30 horas de tráfico e o outro pechado ao tráfico.

Imaxe de arquivo dun incendio dun camión de madeira
Imaxe de arquivo dun incendio dun camión de madeira | Fonte: SEPA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta