Temas: XUNTA VIVENDA

350.000 edificios de máis de 50 anos necesitarán un informe sobre a súa conservación, eficiencia e accesibilidade

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 06/06/2019 | Actualizada ás 16:36

Comparte esta noticia

Os edificios galegos de máis de 50 anos de antigüidade deberán ter un informe obrigatorio sobre a súa estado conservación, eficiencia enerxética e accesibilidade.

Casco vello de Betanzos
Casco vello de Betanzos | Fonte: turismo.gal

Así o anunciou este xoves o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo na rolda de prensa posterior á reunión do seu executivo, que puxo en marcha este decreto que desenvolve a Lei de Rehabilitación de Galicia.

Na súa intervención, Feijóo lembrou que en Galicia unhas "350.000 vivendas", o "23%" do parque galego, ten máis de medio século de vida.

Con este documento, que será "obrigatorio" para todos os edificios de máis de 50 anos, o presidente explicou que se busca dar seguridade aos inquilinos, aos habitantes dos edificios lindeiros, así como aos posibles compradores.

A Xunta, ademais, porá a deposición 12,7 millóns de euros en axudas para que os edificios afectados poidan realizar estes traballos.

Temas: XUNTA VIVENDA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta