A borrasca 'Miguel' deixa case 250 incidencias en toda Galicia e ventos de máis de 130 km/h en pleno xuño

As precipitacións alcanzaron o seu valor máximo cos 75,6 litros por metro cadrado que caídos en Santa Comba.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/06/2019 | Actualizada ás 20:30

Comparte esta noticia

A borrasca Miguel deixou case 250 incidencias ao seu paso pola xeografía galega, onde este xoves se rexistraron ventos de ata 132 quilómetros por hora en Viveiro (Lugo) e abundantes precipitacións que alcanzaron o seu valor máximo cos 75,6 litros por metro cadrado que caídos en Santa Comba (A Coruña).

Temporal
Temporal | Fonte: © Miguel Núñez

Segundo os datos do CIAE 112 Galicia, desde primeira hora da mañá deste venres ata as 18,00 horas, a central de emerxencias recibiu case 250 chamadas reportando incidencias a maior parte delas relacionadas coa caída de árbores, ramas e obxectos que obstruían as vías de comunicación.

Ningún dos incidentes causou danos persoais e tampouco se rexistraron casos graves. Así, a maior parte das chamadas recibíronse desde a provincia de Pontevedra, seguida da Coruña, Lugo e Ourense.

Vigo, Vilagarcía, Sanxenxo e Cangas foron algúns dos municipios máis afectados na provincia pontevedresa polos efectos das fortes choivas e ventos. Tamén se rexistraron un gran número de chamadas procedentes dos concellos coruñeses de Ribeira, Muros e Outes.

'Miguel' deixouse sentir especialmente no litoral galego, en aviso laranxa desde primeira hora da mañá por vento e ondada. Deste xeito, os servizos de emerxencia tiveron que intervir en Muros tras envorcar unha embarcación e en Cangas ao soltarse do amarre outra.

VALORES MÁXIMOS

Os 132,7 quilómetros por hora rexistrados ás 17,00 horas en Penedo do Galo, Viveiro (Lugo), foi o refacho máximo de vento que deixa a borrasca 'Miguel' ao seu paso por Galicia. Tamén se excederon o 120 km/h en Cuntis (Pontevedra), Vimianzo (A Coruña), Oia (Pontevedra) e Cedeira (A Coruña).

En canto ás precipitacións, a zona de Santa Comba (A Coruña) foi a máis castigada polas choivas con 75,6 litros por metro cadrado, seguida por Rois (62.5 L/m2), Lousame (49.5 L/m2), Sálvora --Ribeira-- (45.8 L/m2) e Zas (42.9 L/m2).

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 eusi

Volveu "O Tempo dos tres irmaos: os peidos, os mocos e fregar as maos"