Zapatero impartirá o luns unha conferencia en Compostela

O expresidente do goberno participará no ciclo "Os Luns do Ateneo" e a súa intervención terá por título "Democracia e Diálogo".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/06/2019 | Actualizada ás 13:15

Comparte esta noticia

O expresidente do goberno José Luís Rodríguez participará este luns, día 10 de xuño, en Santiago de Compostela no ciclo "Os Luns do Ateneo" cunha conferencia que levará por título "Democracia é diálogo".

José Luís Rodríguez Zapatero ofrecerá o luns unha conferencia en Santiago de Compostela. REMITIDA ATENEO DE SANTIAGO - Arquivo
José Luís Rodríguez Zapatero ofrecerá o luns unha conferencia en Santiago de Compostela. REMITIDA ATENEO DE SANTIAGO - Arquivo

Diso informou o Ateneo de Santiago nun comunidado, no que destaca que o expresidente destacou pola súa capacidade para "limar as discrepancias ideolóxicas e persoais entre os seus compañeiros" e "sosegar os ambientes crispados": Licenciado en Dereito na Universidade de León en 1982, José Luís Rodríguez Zapatero foi elexido secretario xeral da Federación Socialista Leonesa en 1988 e secretario xeral do PSOE no ano 2000.

Tras gañar as eleccións en 2004, convertiuse no quinto presidente de goberno na democracia e constituiu, por primeira vez na historia, unha executiva paritaria entre homes e mulleres, tal e como destaca o Ateneo. Actualmente é presidente do Foro da Contratación Socialmente Responsable, dende que foi nomeado no 2016.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Gamela

e se alguén ten dúbidas da escasísima fiabilidade deste individuo, lembrade ao seu ministro de Fomento Pepe Blanco en directo SABE TODO da catástrofe de Angrois! https://youtu.be/pAt39plgwoc?t=53s Na Comisión de Investigación NON SABE NADA dos Sistemas de Seguridade! https://youtu.be/1qSxOTdJfno?t=57m4... As vítimas reclaman xustiza! https://youtu.be/y9Hdo9RfdFw

1 Gamela

onde este individuo mete o nariz termina todo apodrecendo... Que teñan coidado os do Ateneo se non queren morrer de éxito ! http://gamela00.blogspot.com/2010/0... Seguro que falará do diálogo imposible con Nicolás Maduro e moitos aplaudirán a rabiar sen saber que nin siquera Maduro o atura !!!