Asociacións de pais piden sacar o wifi das aulas

Ecoloxistas e a ANPA de Lugo esgrimen un informe a Axencia Internacional de Investigación do Cancro para pedirlle á Xunta que cambie o internet sen fíos por cabo nas aulas públicas do Proxecto Abalar.

Por Galicia Confidencial | Lugo | 09/02/2012 | Actualizada ás 14:13

Comparte esta noticia

Representantes das Asociacións de Nais e Pais de Alumnos (ANPA) de Lugo e dos colectivos APDR e os ecoloxistas de ADEGA reuníronse co subdirector xeral de sistemas informáticos da Consellaría de Educación, Carlos Vázquez, para trasladarlle a proposta de substituir o acceso a internet vía "wifi" por cabo nas aulas do proxecto Abalar.

None

En opinión dos pais e dos ecoloxistas, a exposición continuada das persoas á radiación electromagnética, particularmente dos nenos e nenas en idade escolar através dos móbiles e do sistema "wifi", pode causar graves danos á saúde como recoñece a Axencia Internacional de Investigación do Cancro (IARC), dependente da Organización Mundial da Saúde.

Os activistas lembran que o "propio Consello de Europa recomendou en maio de 2011 tomar medidas urxentes para reducir a exposición a este tipo de radiacións".

Unha das medidas recomendadas dende Bruxelas é o emprego de sistemas como o cable no canto de Wifi, por seren os nenos e as nenas un sector da poboación dos máis sensibles a este tipo de radiacións. Pola contra, o único sistema de acceso a Internet que a Xunta propón no proxecto Abalar para os centros de ensino é o sistema Wifi,  moito máis barato que o cabo. Os pais cren que o wifi "supón un alto risco para a saúde dos nenos e nenas e vai en contra das recomendacións da Asemblea Parlamentaria do Consello de Europa".

O proxecto Abalar ten como obxectivo a integración plena das TIC na práctica educativa en Galicia,  O Estado español tampouco é alleo a estas demandas: son moitas as organizacións que, através da campaña "Escola sen Wifi" da Plataforma Estatal contra a Contaminación Electromagnética, están a avogar pola retirada do sistema "wifi" das escolas e a instalación da rede por cabo.entros educativos e, portanto, o gasto de recursos e fondos públicos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 11 comentarios

6 yatiqué

Pero si todos sabemos que lo realmente peligroso en los colegios son los libros que pueden llegar a hacer pensar... ¡que los quiten! y que en su lugar solo dejen las biblias y los catecismos, que en ese sentido son bastante seguros... pena de padres!!!

5 SAber contar

Flipo, e a radio produce cancro (salvo a COPE que produce indixentes mentais), a televisión produce cancro (e moitas outras cousas), e a velocidade dos automóviles despeitea... re os ordenadores poden contaxiarnos os virus... paraciencia, paracientíficos, e xente con poucas ganas de tomarse as cousas en serio.

4 anpeca

Difícilmente as redes sen fíos poden provocar problemas ao emitir a unha potencia tan baixa (menos de 100mW), un informe interesante é o do CCARS http://www.ccars.es/ e http://www.ccars.es/sites/default/files/Doc_Posicionamiento_CCARS_Sistemas_WIFI.pdf

3 komunist zombie

Os diferentes estudos amosan que non está demostrado, que pode ser probable pero non está demostrado, Moitas veces detrás de estas campañas hai intereses coerciais, mesmo das propias ONGs. O que si está demostrado habida conta dos comentarios do Confidencial que as radiacións están a crear un apocalipse zombie. Omillor é non vivir con medo, ser feliz e afiliarse a UPG.

1 Manolo_

Non, si de zombie tes bastante, está claro.

2 komunist zombie

ti tranquilo Manolo, xa sabes, can non come carne de can.

2 SAntiago

As radiacións *non ionizantes* da WIFI non son o problema. O problema deses *pais* é xuntar falsa ciencia con estupidez. E o problema deste *país* é que hai políticos (si, eses que poñen WIFIs !!!) que só saben aproveitarse do papanatismo e a indolencia da sociedade que os vota en manada. Pero a natureza é sabia e xa lles está esgotando o modelo de negocio: en Galicia hai cada vez menos nenos, e a prámide de poboación invertida...da xenio vela.