O PSOE entende "claramente" que "non hai posibilidade de apoio de Ciudanos ao PP na Deputación de Ourense"

Rafael Rodríguez Villarino descarta "unha gran coalición co PP" no Concello, pero contempla acordos en "aspectos cruciais" como os orzamentos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/06/2019 | Actualizada ás 20:18

Comparte esta noticia

O candidato socialista á alcaldía da cidade de Ourense, Rafael Rodríguez Villarino, definiu o veto de Ciudadanos a José Manuel Baltar como "unha posición clara definida" por mor da que entende que "desde este mesmo momento, non hai posibilidade de apoio entre Ciudadanos e o Partido Popular na Diputacion provincial".

Jesús Vázquez e José Manuel Baltar
Jesús Vázquez e José Manuel Baltar | Fonte: Youtube

Pola súa banda, o alcalde en funcións, Jesús Vázquez, volveu manifestar a este respecto que "non lle gustan os vetos" e explicou que "non o di só porque se trata dunha persoa do seu partido".

Á súa vez, manifestou que a posición de Ciudadanos "non di moito dun partido e aínda menos de certos candidatos que estiveron toda a vida no PP" , facendo unha alusión de maneira indirecta a Pepe Araújo".

Nestes termos expresáronse ao finalizar o encontro mantido entre o PSOE e o PP este venres no Liceo de Ourense. Unha reunión na que intercambiaron os programas de goberno e quedaron emprazados para unha nova conversación a próxima semana.

Rafael Rodríguez Villarino interpretou como "unha declaración de principios" o pronunciamento de Feijóo que aludía a deixar gobernar o PSOE como lista máis votada no Concello, e deixar a Deputación en mans do PP polo mesmo motivo. No entanto, considerou que "o máis importante é definir o como".

Preguntado polo mesmo escenario, Jesús Vázquez manifestou que "por suposto, é unha opción" a que sostén o presidente da Xunta de Galicia.

"Eu si creo na posibilidade de que as listas máis votadas sexan as listas que poidan gobernar", sostivo. "Agora ben, as pautas deben ser para todos, senón non me poden esixir, neste caso, que eu teña a obrigación de deixar gobernar ao PSOE polo feito de que gañou, se non se cumpre o pacto en todos os sitios", manifestou.

A DEPUTACIÓN, "UNHA RARA AVIS"

No entanto, a mensaxe de Feijóo de deixar gobernar á lista máis votada en cada unha das institucións non parece calar no PSOE, que se mantén na súa postura de botar ao PP do ente provincial. "Nós entendemos a Deputación como unha rara avis na política española. Cremos que é absolutamente necesario remitir o réxime clientelar que leva máis de 30 anos en mans da familia Baltar", manifestou.

Pola súa banda, o alcalde en funcións manifestou que "non poden negar a evidencia" e que "están a tratar de dialogar con todos os grupos políticos que poidan dar a opción á maioría" e, entre eles, tamén está Democracia Ourensana.

"O Partido Popular presentouse cun programa e, por tanto, está lexitimado para tentar chegar a un acordo que lle permita manter a alcaldía e poder gobernar", sostivo. No caso de que esta posibilidade non fose factible, dixo ter claro que porán "sempre por enriba de todo os intereses da cidade" e estarán obrigados "a falar para tratar de chegar a acordos puntuais".

Doutra banda, este venres ao mediodía tamén se reuniron DO e o PSOE para continuar avanzando na gobernabilidade do Concello e a Deputación. Tanto Gonzalo Pérez Jacome como Rafael Rodríguez Villarino deixaron "claras" as súas posturas.

Ambas as formacións emprazáronse para o vindeiro martes co fin de definir as opcións definitivas "para alcanzar un acordo antes do día da investidura no Concello que garanta a estabilidade de Ourense". "Un acordo que podería alcanzarse sobre a bucina", segundo sinalaron desde DO.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta