O conductor dun camión pasou varias horas atrapado ata que foi rescatado por un guindastre especial

O accidente tivo lugar sobre as 09.00 horas deste sábado.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/06/2019 | Actualizada ás 14:38

Comparte esta noticia

Os servizos de emerxencia rescataron na mañá deste sábado ao condutor dun camión que sufriu unha saída de vía cando circulaba pola estrada N-640 ao seu paso polo termo municipal de Agolada (Pontevedra).

A situación na que quedou o camión complicou as tarefas de rescate, para as que foi necesaria a intervención dun guindastre especial que axudou a mover o vehículo para liberar ao condutor, que estivo consciente en todo momento.

A dificultade do operativo, segundo informa o CIAE 112 Galicia, fixo que transcorresen varias horas desde o sinistro, rexistrado ás 09,00 horas, ata que o condutor foi rescatado, xa entrado o mediodía deste sábado.

O camión, que transportaba pacas, sufriu unha saída de vía e acabou nunha zona de matogueiras. Ademais, quedou situado de forma que invadía dous do tres carrís da estrada, polo que o tráfico na zona tivo que ser regulado durante o tempo que durou a intervención dos efectivos de emerxencias.

Por outra banda, outro camión resultou accidentado na mañá deste sábado, neste caso, na A-6 ao seu paso por Guitiriz (Lugo). Ao fío das 10,15 horas, o vehículo sufriu unha saída de vía e acabou impactando contra un noiro. O condutor resultou ferido e foi atendido polos efectivos de Urxencias Sanitarias 061 desprazados ao lugar.

Camioneiro conducindo un camión
Camioneiro conducindo un camión | Fonte: transporte 3

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta