Por GcToday | A Coruña | 09/06/2019 | Actualizada ás 14:15
O casual está a quedar atrás e as tendencias actuais apuntan cara a un novo estilo sucio, desleixado e mesmo abandonado.
En palabras de Amancio Ortega, responsable supremo da firma, trátase de pezas que non desentoan hoxe en día polo seu aspecto precario e luxado pois están de moda máis que nunca nunha sociedade como a actual, en crise e moi preocupada pola sostenibilidade.
Así as cousas, Ortega ten previsto abrir en breve unha nova liña de tendas de roupa chamada 'Zara Pastrosa', e o primeiro país que poderá gozar delas será España. O normal nestes casos é que a imaxe do lanzamento da nova liña de roupa sexa algún personaxe coñecido, aínda que todo indica a que se realizará un casting entre parados/as de longa duración e sen recursos para escoller e contratar aos modelos que lucirán este "new look" en escaparates, pasarelas e soportes publicitarios. Amancio Ortega faría, unha vez máis, gala da súa filantropía e compromiso cos máis necesitados.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.