O conselleiro de Medio Rural xa non fala de tramas nin terrorismo nos lumes forestais

Cualifica de "delincuentes" aos que "poñen en perigo intencionadamente o monte". Aposta pola vixilancia e a prevención fronte á tradicional aposta case exclusiva pola extinción.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/06/2019 | Actualizada ás 16:59

Comparte esta noticia

O consellerio de Medio Rural, José González, tachou de "delincuente" a aqueles que "pon en perigo intencionadamente a paisaxe, o monte e a vida das persoas", polo que lamentou que tres de cada catro lumes sexan intencionados.

Así o sinalou González nunha entrevista na Cadea Ser recollida por Europa Press, onde non falou nin de tramas nin de terrorismo incendiario, pero indicou que segundo os investigadores, tres cuartas partes dos incendios son intencionados.

José González destacou a dificultade de deter aos autores dos incendios "pola propia caracterización do delito", que obriga a "pillalos nas patacas". "Por iso insistimos tanto en que calquera colaboración cidadá é boa para detectar a eses delincuentes", insistiu.

Neste sentido, unha das novidades deste ano do Plan de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais en Galicia (Pladiga) é o 900 815 085, un número de teléfono "anónimo e confidencial" para trasladar denuncias "sobre posibles comportamentos incendiarios", que non será un instrumento para "rifas entre veciños" porque contará con "todos os protocolos necesarios para que as forzas e corpos de seguridade do estado analicen a información".

O conselleiro considerou "fortes" as penas aos incendiarios e dixo que a posibilidade de endurecelas é un "debate de xuristas". Para el, o importante é "traballar máis na detección destes comportamentos" para que aumente o número de condenas, que na actualidade se sitúan no 4% do total.

TELÉFONO

O teléfono de denuncia non é a única novidade do Pladiga. "Primeiro, determinamos que temos que traballar moito máis na prevención", destacou, polo que se reforzará o servizo "público e único" coa apertura de 548 prazas. Un servizo ao que pide "versatilidade" para que non se dedique só á extinción.

Outro dos eixos será a investigación e o control dos incendiarios, que se "reforzará" co uso de novas tecnoloxías como "os drones e un maior número de cámaras de videovigilancia que demostraron moita eficacia no apoio técnico ao director de extinción".

O Conselleiro de Medio Rural tacha de 'delincuentes' a aqueles que 'pon en perigo intencionadamente o monte'. CADEA SER
O Conselleiro de Medio Rural tacha de 'delincuentes' a aqueles que 'pon en perigo intencionadamente o monte'. CADEA SER | Fonte: Europa Press

"Temos que orientarnos moito máis na prevención; canto máis traballemos nela, máis poderemos xustificar que esa xente estea a facer ese traballo", indicou o conselleiro, que engadiu que esa prevención ten que ser "planificada e estratéxica". Neste sentido, sinalou que "necesita unha cabeza", de aí o motivo de "desdobrar a dirección xeral".

CONCELLOS

González asegurou que "non se pode permitir que os incendios poñan en perigo a vida dos cidadáns". "Temos 33.000 aldeas e un monte que está moi preto delas. O instrumento que prevé a lei é unha franxa de protección de 50 metros que, desde 2007, é competencia municipal. Pero a Xunta quere colaborar en mantelas e para iso asinou un convenio coa Fegamp polo que achega 28 millóns en catro anos", destacou.

"Creamos un sistema público de xestión de biomasa, que non existe en ningún lugar de España nin de Europa, no que imos limpar os concellos con máis risco de incendio con medios públicos a cambio dun prezo fixo para os propietarios, 350 euros por hectárea ou 35 euros o mil metros", explicou na mesma entrevista recollida por Europa Pess.

DESPOBOAMENTO

O despoboamento é outro dos grandes problemas do medio rural e unha das causas dos incendios xa que "determina que haxa menos terra traballada". Para o conselleiro, "unha forma de atacala, que servirá como prevención, é a recuperación de poboación a través de actividade económica rendible no rural: agrícola, gandeira e tamén forestal".

González admitiu que a falta de servizos importa, pero cre que o obxectivo para frear o despoboamento é "conseguir que a xente senta orgullo de estar no rural e que, ademais de vivir no rural, viva do rural". Para el, a forma é desenvolver unha "actividade de calidade con valor engadido" que resumiu cunha idea: incrementar o prezo final dos produtos agroalimentarios galegos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta