A Xunta incentivará ás empresas mineiras que reduzan as emisións de po e ruído

Promove un programa de axudas para mellorar as condicións ambientais e laborais do sector mineiro.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/06/2019 | Actualizada ás 20:00

Comparte esta noticia

A Xunta publicou no Diario Oficial de Galicia (DOG) unha nova convocatoria de axudas impulsadas pola Consellería de Economía, Emprego e Industria para mellorar as condicións ambientais e laborais do sector mineiro.

A convocatoria, aberta ata o 8 de xullo para empresas privadas do sector, terá un orzamento de 2,4 millóns de euros e será de concorrencia competitiva, segundo explicou a Xunta mediante un comunicado. A finalidade da iniciativa é "favorecer a aplicación de tecnoloxías novas e implantar as mellores técnicas dispoñibles contra o po e o ruído, tendo en conta a súa influencia tanto na contorna como na saúde dos traballadores".

Así, búscase promover o desenvolvemento sustentable do sector que constitúe un importante motor económico para as zonas de Galicia onde leva a cabo esta actividade de gran impacto socioeconómico.

INCENTIVOS

Os incentivos contarán con dous obxectivos. Por unha banda, o orzamento dirixirase á mellora da calidade do ambiente atmosférico mediante a redución de emisións de po e ruído. Neste caso, destinaranse 1,2 millóns, con axudas máximas de 300.000 euros.

Por outra banda, o segundo obxectivo está enfocado a actuacións para a redución da exposición de po e ruído dos traballadores e, deste xeito, mellorar as súas condicións laborais, con axudas de ata 200.000 euros. Tamén se reservará un orzamento de 1,2 millóns.

Como novidade, en ambas as liñas, xunto coas normas de valoración técnicas, incluiranse outros criterios baseados na responsabilidade social e territorial da entidade solicitante, así como a integración laboral de persoas con capacidades diversas.

Actividades mineiras de Erimsa / Erimsa Actividades mineiras de Erimsa / Erimsa
Actividades mineiras de Erimsa / Erimsa Actividades mineiras de Erimsa / Erimsa

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta