Temas: EMPRESA COMERCIO

A creación de empresas baixa e as disolucións dispáranse en abril

Amplían capital 114 compañías e redúceno 30, mentres desembolsa dividendos pasivos unha sociedade.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/06/2019 | Actualizada ás 11:22

Comparte esta noticia

O número de novas sociedades mercantís baixou un 8,6% en abril en Galicia o pasado mes de abril respecto ao mesmo período de 2018, ata sumar 374 empresas, á vez que as disolucións empresariais incrementáronse un 69,8%, ata 163, segundo os datos que publica este luns o Instituto Nacional de Estatística (INE).

As novas empresas creadas na comunidade galega supuxeron a subscrición de capital por 14,25 millóns de euros, e o desembolso da mesma contía. Foron 373 sociedades limitadas (por 14,19 millóns de euros) e unha sociedade anónima (por 60.000 euros).

Mentres, as disolucións alcanzaron as 163, 84 delas voluntarias, 63 por fusión e 16 doutro tipo. Ampliaron capital 114 compañías (por 32,2 millóns) e reducírono 30 (por 24,14 millóns). Pola súa banda, desembolsou dividendos pasivos unha sociedade mercantil, por 42.000 euros.

No conxunto estatal, o número de novas sociedades mercantís baixou un 1,5% o pasado mes de abril respecto ao mesmo mes de 2018, ata sumar 8.681 empresas, á vez que as disolucións empresariais incrementáronse un 8,3%, ata totalizar 1.609.

TERREO NEGATIVO

Co retroceso de abril, que coincide co mes no que se celebrou a Semana Santa, a creación de empresas volve a terreo negativo tras dous meses consecutivos de alzas interanuais.

O 19,6% das sociedades mercantís que se crearon en abril dedícase ao comercio e o 14,4% a inmobiliarias, financeiras e seguros. En canto ás sociedades disoltas por actividade económica principal, o 20,2% correspondeu ao comercio e o 15,9% á construción.

Para a constitución das 8.681 empresas creadas en abril subscribíronse máis de 246 millóns de euros, o que supón un descenso do 43% respecto ao mesmo mes de 2018, mentres que o capital medio subscrito, que se situou en 28.426 euros, retrocedeu un 42,1% en taxa interanual.

A creación de empresas baixa un 8,6% en abril en Galicia e as disolucións dispáranse un 69,8%. EPDATA
A creación de empresas baixa un 8,6% en abril en Galicia e as disolucións dispáranse un 69,8%. EPDATA | Fonte: Europa Press

Temas: EMPRESA COMERCIO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta