Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/06/2019 | Actualizada ás 13:03
Efectivos de emerxencias rescataron na mañá deste luns ao condutor dun camión que se saíu da vía e envorcou no termo municipal de Ponteceso (A Coruña).
Segundo informaron a Europa Press fontes do Instituto Armado e do 112 Galicia, o sinistro tivo lugar sobre as 10,00 horas na estrada que unha Carballo e Ponteceso, ao seu paso pola parroquia de Tella.
Foron mobilizados efectivos dos Bombeiros de Carballo, do GES de Ponteceso, da Garda Civil de Tráfico, de Policía Local e de Urxencias Sanitarias de Galicia-061. Fontes do 112 concretaron que os Bombeiros de Carballo rescataron ao condutor do interior do vehículo sinistrado este luns en Ponteceso.
Pola súa banda, o 061 enviou ao lugar un helicóptero medicalizado, unha ambulancia asistencial e un médico de Atención Primaria para asistir á persoa accidentada, apuntaron fontes sanitarias. En concreto, o ferido, F.L.E.R., duns 45 anos de idade, foi evacuado en helicóptero medicalizado ao Hospital A Coruña, confirmaron fontes sanitarias.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.