O BNG culpa a Feijóo da crise industrial galega e da súa "incapacidade" de pór fin ao "espolio enerxético"

Ana Pontón denuncia a perda de 22.500 empregos no sector en dez anos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/06/2019 | Actualizada ás 15:15

Comparte esta noticia

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, culpou este luns ao presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, da "crise industrial" que, ao seu xuízo, está a vivir Galicia e da "incapacidade" do Goberno autonómico de pór fin ao "espolio enerxético" que se produce na Comunidade.

Ana Pontón
Ana Pontón | Fonte: Europa Press

Pontón mostrou a súa "preocupación maiúscula" sobre a situación que vive a industria galega, con "22.500 empregos industriais menos" desde o 2009 e cun "aumento da precariedade" dos traballos neste sector.

Así, a líder nacionalista sinalou que Feijóo "non se pode pór de perfil" e insistiu en que o presidente galego é "responsable directo" da situación pola que atravesa Alcoa ou Ferroatlántica.

"A produción industrial descendeu no último ano un 11,4%. Galicia é o territorio de España onde hai un maior descenso, concretamente cinco veces máis alta que a media do Estado. Polos propios datos oficiais sabemos que esa caída se debe ao sector enerxético e metalúrxico e vemos como a crise de Alcoa e Ferroatlántica está a afectar dunha maneira moi forte o país", apostilou Pontón.

Sobre a situación enerxética galega denunciou o "espolio" e o "sinsentido" que supón, ao seu xuízo, que as eléctricas se estean "forrando" a costa de explotar un recurso natural de Galicia, "mentres alén hai centos de empregos en risco, así como unha crise nos sectores electrointensivos".

"Isto deixa sobre a mesa a incapacidade da Xunta para defender un principio básico, que é que se en Galicia temos un recurso como é a enerxía, o lóxico é que nos beneficiemos da produción enerxética e non que vexamos como os beneficios serven única e exclusivamente para que expresidentes do Estado teñan salarios multimillonarios nos consellos de administración das eléctricas", lamentou Pontón ante os medios.

Para ela, o Executivo galego e o Goberno central son "corresponsables" desta situación porque "non están dispostos a pór á estafa eléctrica", que os galegos sofren "como consumidores" e tamén "como país", xa que "ven como se pon en risco sectores económicos estratéxicos para salvar os intereses das eléctricas".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

3 anonimo

A mesma tinaina de sempre. O mesmo discurso, repetido ata o infinito.

2 Pitito

Feijoo culpabel? De que? Se non fai nada de nada, nisto supera ao seu mestre Rajoi

1 Juajua

Como todo el mundo sabe Pontona es una experta en industria y energía, además de conocida empresaria y emprendedora creadora de puestos de trabajo.

1 Filguara

Veña, tivestes malos resultados en todas as eleccións e estades a piques de perder a Xunta. Ánimo, nada é eterno e hai vida logo de case esnaquizar o país. Sorte en Madrid.