O PSdeG celebra que Medio Rural "desminta a Feijóo" e negue a existencia dunha trama indenciaria en Galicia

O BNG considera o modelo forestal da Xunta un "fracaso".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/06/2019 | Actualizada ás 15:22

Comparte esta noticia

O portavoz parlamentario do PSdeG, Xoaquín Fernández Leiceaga, valorou este luns as palabras do conselleiro de Medio Rural, José González, que este fin de semana cualificou de "delincuentes" aos que queiman intencionadamente o monte, o que, a xuízo de Leiceaga, isto "desmente" ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, xa que González tamén "recoñeceu que non existen nin tramas incendiarias nin terrorismo".

Veciños de Gondomar contemplan como o lume se achega ás súas casas, en plena onda de incendios en Galicia a mediados de outubro de 2017
Veciños de Gondomar contemplan como o lume se achega ás súas casas, en plena onda de incendios en Galicia a mediados de outubro de 2017 | Fonte: Miguel Núñez.

Con todo, a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, criticou que "sempre se vire sobre o mesmo círculo" e que non haxa "solucións de futuro", polo que pediu un cambio nas políticas forestais galegas.

"Creo que o conselleiro está a seguir o marco establecido do ditame da Comisión de Incendios do Parlamento de Galicia. Hai algúns cambios no Pladiga que valoramos positivamente. Hai unha maior estabilidade no persoal dedicado a prevención e extinción. Hai unha separación entre a parte de incendios e política forestal. Creo que isto é correcto", destacou o portavoz socialista.

Con todo, criticou o "atraso" dalgunhas das medidas ata 2020 e algunhas outras que "ven con preocupación" porque non se sabe cales van ser a súa "solución definitiva". "Vemos que hai presións de forzas conservadoras do PP para evitar que se tomen as decisións oportunas, por exemplo, en materia de prevención na colaboración dos concellos", sinalou Leiceaga.

Para o PSdeG, sería importante que nas franxas de protección ao redor dos núcleos, non só houbese colaboración para limpalas, senón que se puxese en marcha un programa para crear unha banda con especies non favorecedoras dos incendios "que fose máis permanente e que reducise as necesidades de recursos anuais".

"FRACASO"

Ana Pontón foi máis crítica que o PSdeG neste ámbito. Para ela, o modelo forestal da Xunta é un "fracaso". Así, lamentou que por enriba do interese xeral está "o interese dalgunhas empresas como Ence".

Segundo o BNG, a Xunta "prefire agocharse detrás de tramas e outro tipo de teorías" para non asumir "a súa responsabilidade".

"Hai que cambiar a política forestal e hai que transformar o abandono do medio rural por políticas activas para reactivar a economía e todo o potencial do rural", destacou Pontón, quen pediu máis actividade agraria, xa que é "unha das medidas máis efectivas" para acabar cos incendios.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta