Os viaxeiros de autobús urbano baixan un 2,5% en abril en Galicia

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/06/2019 | Actualizada ás 10:40

Comparte esta noticia

O transporte urbano en autobús rexistrou en abril en Galicia un total de 5,2 millóns de usuarios, o que supón unha baixada do 2,5% respecto ao mesmo mes de 2018, segundo os datos que publica este martes o Instituto Nacional de Estatística (INE).

Deste xeito, volve a terreo negativo tras seis meses consecutivos de subida interanual. O último descenso produciuse en setembro de 2018. O descenso de abril é máis acusado en Galicia que na media (-1,1%).

Na media do que vai de ano --entre xaneiro e abril-- hai un incremento de 2,8% no número de viaxeiros en Galicia, por baixo da media (+4%). En España, o transporte por autobús foi utilizado por un total de 59,35 millóns de viaxeiros en abril, cifra un 2,7% superior á do cuarto mes de 2018.

Os usuarios de transporte urbano por autobús aumentan un 3% en xaneiro en Galicia, ata 5.339.000. EUROPA PRESS - Arquivo
Os usuarios de transporte urbano por autobús aumentan un 3% en xaneiro en Galicia, ata 5.339.000. EUROPA PRESS - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta