A presidenta de Navantia presentará este venres no estaleiro de Ferrol o Plan Industrial aos traballadores

Ademais haberá un acto de recoñecemento aos traballadores que se acaban de prexubilar.

Por Europa Press / Redacción | Ferrol | 11/06/2019 | Actualizada ás 10:56

Comparte esta noticia

A presidenta de Navantia, Susana de Sarriá, estará o vindeiro venres, 14 de xuño, no estaleiro de Ferrol, onde ten previsto presidir dous actos, entre eles a presentación do Plan Industrial aos traballadores.

En concreto, a partir das 10,30 horas está previsto que se celebre no taller de Prearmamento 2 a presentación do Plan Industrial aos traballadores en activo. Dúas horas máis tarde, ás 12.30 horas, neste mesmo taller, desenvolverase un acto de "recoñecemento" aos traballadores que acaban de saír prexubilados, aos que ademais se lles entregará "unha moeda conmemorativa".

Noutra orde de cousas, este mércores está previsto que se celebre en Madrid unha reunión a dúas bandas na que sentarán os integrantes do comité Intercentros de Navantia, do que forman parte os sete centros de traballo da empresa naval pública, presidido polo ferrolán Javier Galán (CC.OO.), e responsables da dirección da compañía pertencente á Sociedade Estatal de Participacións Industriais (SEPI) para avanzar nas negociacións no ámbito da comisión de Política Salarial.

Navantia Ferrol. NAVANTIA - Arquivo
Navantia Ferrol. NAVANTIA - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta