A Xunta cederá unha vivenda en aluguer a unha familia pontevedresa en risco de exclusión social

A vivenda foi cedida polo Banco Santander ao Instituto Galego da Vivenda e Solo.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/06/2019 | Actualizada ás 17:19

Comparte esta noticia

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, a través do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS), adxudicará un inmoble en réxime de aluguer no concello de Pontevedra a unha familia en risco de exclusión social.

Esta decisión, tal e como indica a Xunta nun comunicado, foi acordada pola Comisión Provincial da Vivenda, que aprobou a proposta de adxudicación. Así, unha vez asinado o correspondente contrato coa familia adxudicataria, procederase a entregarlle oficialmente a vivenda, que foi cedida polo Banco Santander ao IGVS para ser destinada a aluguer social.

Do mesmo xeito, a Xunta lembrou que, desde o ano 2015, reacolleu "a preto de 200 familias en situación de extrema necesidade en vivendas de propiedade do Instituto Galego da Vivenda e Solo ou cedidas por Abanca, Sareb, Banco Sabadell e CaixaBank".

"A estas familias hai que sumar tamén as beneficiadas polo chamado Bono de Alugueiro Social, un programa de subvencións cun importe máximo mensual de 225 euros pensnado para os casos nos que se precisa dun apoio urxente", resolveu o goberno galego.

Vivendas en venda. EUROPA PRESS - Arquivo
Vivendas en venda. EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta