Enxeñeiros Agrónomos denuncian que a coordinadora de Sanidade Vexetal de Pontevedra non ten a formación esixida

Cren que puido achegar "un documento acreditativo presuntamente falso".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/06/2019 | Actualizada ás 20:08

Comparte esta noticia

A Asociación de Enxeñeiros Agrónomos do Estado (Aniade) presentou unha querela contra a Coordinadora Rexional de Sanidade Vexetal de Pontevedra alegando que, supostamente, carece da formación esixida.

Cultivo de pementos.
Cultivo de pementos.

En particular, a asociación sinala que, para poder acceder a esta praza, a coordinadora "presentaría documentación supostamente acreditativa" da súa "experiencia en aplicación de lexislación comunitaria e estatal en funcións de inspección e control fitosanitario de vexetais e produtos vexetais en réxime de importación e exportación".

Con todo, indican, "en realidade, podería ser que nunca tivese (nin sequera na actualidade) o recoñecemento necesario para realizar controis fitosanitarios nin a traxectoria profesional na materia, achegando por tanto un documento acreditativo presuntamente falso", aseguran.

Segundo a Asociación, a Administración é "moi coñecedora deste asunto, mesmo desde antes da súa adxudicación en marzo de 2018", aínda que, "preferiu non facer ningunha actuación, aínda sabendo que os principios de mérito e capacidade para obter ese posto estarían cuestionados, así como a eficacia no servizo público".

"De ser así, resultaría moi preocupante, xa que se trata da persoa responsable na coordinación e decisións en controis fitosanitarios en portos e aeroportos, así como para desenvolver o procedemento en caso de entrada de organismos nocivos en materia vexetal en toda a rexión fitosanitaria, que inclúe toda Galicia, Asturias, León, Zamora e Salamanca", apunta.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta