Seguen subindo os prezos en Galicia

O IPC subiu tres décimas e regresa á súa taxa máis baixa desde xaneiro, cando tamén foi do 0,8%.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/06/2019 | Actualizada ás 10:30

Comparte esta noticia

O Índice de Prezos de Consumo (IPC) subiu tres décimas en maio en Galicia en relación co mes anterior (unha máis que no conxunto estatal), de modo que a taxa anual situouse no 0,8%.

De acordo cos datos que publica o Instituto Nacional de Estatística (INE) este mércores, o IPC na comunidade galega regresa á súa taxa máis baixa desde xaneiro, cando tamén foi do 0,8%.

Previamente, hai que retrotraerse a febreiro de 2018, cando foi do 0,9%, e a xaneiro dese ano (0,6%), para toparse con IPC anuais en Galicia por baixo do 1%. No conxunto estatal, o INE confirma que o IPC se moderou oito décimas en maio, ata o mesmo 0,8%, dato que atribúe á luz e o turismo.

AV.- IPC.- Os prezos crecen tres décimas en maio en Galicia e a taxa anual baixa ao 0,8%, a menor desde xaneiro. EPDATA
AV.- IPC.- Os prezos crecen tres décimas en maio en Galicia e a taxa anual baixa ao 0,8%, a menor desde xaneiro. EPDATA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta