O Son do Camiño inicia tres días de música e festa en Santiago con 38 artistas e 33.000 asistentes

Iggy Pop, Rosalía, David Guetta ou Black Eyed Peas están entre os pratos fortes do festival, que encheu os hoteis en Compostela.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/06/2019 | Actualizada ás 15:02

Comparte esta noticia

Unhas 33.000 persoas, 38 artistas e tres días de festa. O compostelán Monte do Gozo volverá ser esta semana meta de peregrinación festivalera coa celebración da segunda edición do Son do Camiño, que encherá de música a capital galega entre este xoves e o sábado con nomes como Iggy Pop, David Guetta ou Rosalía.

Será ao mediodía deste xoves cando, por fin, se abran as portas do festival, que prolongará a súa festa ata ben entrada a madrugada do domingo, ante un público expectante que, como sucedeu coa primeira edición o pasado ano, esgotou os abonos para asistir en apenas unha hora.

Por iso, e tras o éxito de público de 2018, a organización volveu a apostar este ano por un elenco de artistas onde se equilibran as propostas internacionais e as nacionais, con representación tamén de grupos galegos e coa intención de consolidarse como unha gran cita festivalera a nivel nacional. Os espectáculos distribuiranse en dous escenarios, o principal, Estrela Galicia, un enorme recinto de 20 por 36 metros; e o Escenario Galicia.

TRES DÍAS DE MÚSICA

Así, na xornada do xoves, a primeira, o Escenario Estrela Galicia acollerá as actuacións de Kitai, Royal Republic, Richard Ashcroft, Bastille, Die Antwoord e Dimitri Vegas @ Like Mike; mentres que no Escenario Galicia estarán Alice Wonder, Molina Molina, Second, Graveyard, Beret e The Zombie Kids.

O venres, o prato forte será Rosalía, unha das actuacións máis esperadas. Seguirana, no mesmo, Black Eyed Peas e W&W. Antes, este emprazamento acollerá nomes como Bloc Party, Iván Ferreiro, Igloo ou Mucho!. Pola súa banda, no Escenario Galicia actuarán o venres Cariño, Marem Landson, Hard GZ, Shinova, Varry Brava e Elysella.

Finalmente, o sábado 15 terá lugar o esperado concerto de Iggy Pop, que comezará ás 23,15 e ao que seguirá, xa de madrugada, David Ghetta.

Festival O Son do Camiño. EUROPA PRESS - Arquivo
Festival O Son do Camiño. EUROPA PRESS - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta