O BNG de Barreiros rectifica e ofrece ao PSdeG sumarse ao goberno

Isto cambia respecto a súa postura inicial de gobernar en minoría. Ambas as dúas partes quedaron emprazadas a unha nova reunión antes do pleno do sábado.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/06/2019 | Actualizada ás 12:53

Comparte esta noticia

O BNG de Barreiros ofreceu á concelleira electa socialista a incorporación ao goberno local, reconsiderando así a "postura inicial" dun goberno en minoría. Os nacionalistas impuxéronse en votos ao PP, aínda que empatan a cinco concelleiros, polo que a candidata do BNG, Ana Ermida, precisaría do voto da edil do PSOE, nunha corporación de once.

A propia Ermida confirmou que se lle ofreceu "a posibilidade de que compartise goberno municipal" co BNG e que ostentase a concellaría que pedía o PSOE, de servizos sociais, ademais de incluíla na Xunta de Goberno local e ofertarlle tamén unha segunda tenencia de alcaldía".

As pasadas eleccións municipais deixaron a alcaldía de Barreiros, tras case catro décadas de gobernos de grupos de centro e de PP, a expensas dos acordos que alcanzase o BNG. Os nacionalistas foron a lista máis votada, conseguindo 5 concelleiros, os mesmos que o PP. A corporación complétase cun edil do PSOE.

"É unha oferta xenerosa, que está por encima da representatividade obtida por cada un de nós", valorou a candidata do BNG, que aclarou que aínda non recibiu ningunha resposta. En todo caso, ambas as dúas partes quedaron emprazadas a unha nova reunión antes do pleno do sábado. Ermida resaltou que se está obrando con "responsabilidade" despois de "reconsiderar a postura inicial", de gobernar en minoría, e que parecía "óptima pola situación que hai na corporación".

A tamén concelleira en funcións aproveitou para denunciar "os gastos feitos polo executivo local do PP o último día de goberno previo ás eleccións municipais". Ana Ermida afeou que "o venres 24 de maio aprobáronse unha serie de decretos da alcaldía e celebrásese unha xunta de goberno extraordinaria para aprobar facturas de gastos na súa maioría feitos na campaña electoral e que suman --segundo as súas declaracións-- case 470.000 euros, iso é o 11,50 por cento do orzamento municipal e destes 470.000 euros, 135.500 recaen nun mesmo grupo de empresas". "Comprometeuse o orzamento deste ano e do próximo", advertiu finalmente.

Praias en Barreiros
Praias en Barreiros | Fonte: AXM

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta