VOTA | Reintegracionismo, si ou non?

Debe a normativa galega achegarse máis á portuguesa?

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 13/06/2019 | Actualizada ás 12:59

Comparte esta noticia

O debate sobre o reintegracionismo está cada vez máis vivo. O papel que debe xogar Galicia e a súa lingua no mundo lusófono ten aberto apaixoados debates.

Iniciativa posta en marcha no mundial de Brasil para impulsar o galego-portugués
Iniciativa posta en marcha no mundial de Brasil para impulsar o galego-portugués | Fonte: omundialfalagalego.com

Os que están a prol do reintegracionismo argúen que favorece o contacto cultural e o desenvolvemento socioeconómico das dúas comunidades que falan galego e portugués, ademais de aportar argumentos históricos para a unificación ortográfica galego-portuguesa, contra a normalización oficial da lingua propia de Galicia e a súa "castelanización", defenden. Tamén consideran que daría máis peso internacional á nosa lingua, nunha comunidade, a lusófona, de máis de 260 millóns de persoas.

Os que se posicionan en contra argumentan, basicamente, que aínda que o galego e o portugués comparten unha mesma raíz, son dúas linguas diferenciadas e con entidade propia, froito dunha evolución histórica, polo que o reintegracionismo faría perder a identidade singular galega.

Aínda que a Real Academia Galega é partidaria da normartiva oficial actual, o seu presidente, Víctor Freixanes, lamentou recentemente a escasa implantación do portugués nos centros educativos galegos e reclamou unha maior presenza deste idioma nas escolas "como lingua irmá" para así "potenciar a proxección exterior" do galego.

Coa idea de coñecer o posicionamento dos nosos lectores, lanzamos esta enquisa. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 27 comentarios

20 Vamoslá

O importante e unir-se pelo galego, quantos mais melhor. Se termos duas normas pode ser bom para nós, avante. São horas de deixar atrás as discussões estéreis. Força Galiza, força galego

19 uu1

Precisamos a oficialidade da bi normativa. A favor do reintegracionismo falaram entre outros, Murguía, Risco, Castelao, Vilar Ponte, Paz-Andrade, Guerra da Cal ou Carvalho Calero, ademais de coletivos e instituições defensoras da língua como as Irmandades da Fala, o Grupo Nós, o Seminário de Estudos Galegos ou o Partido Galeguista, por não nomear aos ilustrados Feijóo e Sarmiento. O isolacionismo foi introduzido a começos dos 80 oficializando uma normativa de urgência (um atalho) para que o galego se poderá escrever por pessoas que tinham formação exclusivamente em castelhano. Isso era necessário só como transição até que o galego fosse ensinado nas escolas recuperando a variedade histórica-etimológica do galego medieval. Mais uma, hoje precisamos a bi normativa!!

18 A verdade.

Galego, castelán e portugués son linguas equidistantes.

17 Ghicho

Eu merco moito libro en portugués que non atopo en galego. Preferiría unha normativa reintegracionista pero non a imposición do portugués. A normativa agal góstame pero coido que está a ser isolada pola opción portuguesa "dura". Vexo moito luso e pouco galego nisa normativa lisboeta. Se cadra por iso tento usar a vella normativa de mínimos no traballo oficial e a da agal galega no privado. É ridículo cambiar de amo por outro máis simpático (da familia)....

16 uu1

Pois ao final a solução é a bi-normativa, de feito é o preciso para aproveitar os recursos das outras variedades do galego, e não deixar a nenhum galego falante fora, quem queira seguir coa normativa isolacionista pode e deve ser respeitado, mas tem que respeitar aos que não queremos recorrer continuamente ao castelhano quando não existe na norma RAG, por exemplo “A Dança dos Dragões. As Crônicas de Gelo e Fogo - Livro 5” ou a maioria dos livro de Gerônimo Stilton.